Festa do Magosto

img-20161116-wa0022O Centro Sociocomunitario de Coia celebrou este mércores a festa do Magosto.
Amenizada por boa música, a cargo do noso xa coñecido grupo de pandeiretas da man de María Prego e do novo grupo artístico “Xeito”.
Música, baile e como non, castañas, asadas polos xa veteranos Víctor, Bernardo e Chapela. Tampouco faltaron as chulas de cabazo, ofrecidas por Suso.
Bo ambiente para celebrar unha festa tan nosa.

img-20161116-wa0016

A %d blogueros les gusta esto: