"Falemos, ou non, de relixión"

Sei que é case un tema tabú hoxe en día. Non é que me asombre, non hai máis que meterse nel para que a conversa derive en liortas, burlas ou discusións sen fin.
Quizais Marx tiña razón ao dicir que era o opio do pobo.
Eu non sei, nin quero, nin podo meterme en opinións duns e doutros. Si sei que hai persoas que a senten fonda e axúdalles (…) a vivir.

Cando algo é tan vello como a humanidade, si penso que merece polo menos un pouco de reflexión. Non me gustan os dogmatismos, pero tampouco gusto de escoitar comentarios ignorantes que pretenden pasar por modernos sen máis.
Cada quen é libre de pensar o que queira, e deixando de lado os talibanismos, porén merece ao menos un respecto.
Xa sei que non me mollo nin un chisquiño, pero é que son inimiga das posturas extremas, baseadas moitas veces en quen sabe qué prexuízos.
Mire, vostede e mais eu, sexamos boas persoas, e pode que entón todos teñamos un algo en común e pode que as cousas fosen a mellor.

Hèléne

A %d blogueros les gusta esto: