¡¡¡Falemos Galego!!!

O GALEGO QUE NON FALA
A LINGUA DA SÚA TERRA,
NIN SABE O QUE TEN DE SEU
NIN É MERECENTE DELA
Victoriano Taibo

Non sei por que falamos tan pouco en galego, e, o que aínda é peor, falámolo só con algunhas persoas ou en determinados sitios. Négome a crer que nos avergoñemos de usar a nosa propia lingua.
Castelao dicía: “Ningún idioma alleo –por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego;  se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e graza do idioma”

Tamén quero dicirlles que está demostrado cientificamente que os meniños que falan dous idiomas dende sempre, como o seu cerebro aprendeu a pensar en dúas linguas, logo teñen moitísima máis facilidade para aprender outros idiomas.
Non me veñan con iso de que cambiou. Ata hai pouco non tiñamos unha normativa oficial e abundaban os castelanismos. De tódalas maneiras en cada recuncho de Galiza temos o noso xeito de falalo, e iso non hai por que perdelo, é unha riqueza máis do noso idioma.

Abur

Hélène

Un comentario en “¡¡¡Falemos Galego!!!

  • el 21/03/2011 a las 1:00 pm
    Permalink

    Paréceme moi ben que retomedes polo menos escribir algún articulo en galego. Xa sei que a revista é “internacional” pero dádelle aos vosos lectores a oportunidade de ler no noso idioma.
    O que deseñou a páxina xa o tiña previsto, xa que o corrector ortográfico onde se deixan estes comentarios ,está para o galego.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: