Exposición de Maruja Mallo
Da man da Fundación Caixa Galicia Maruja Mallo volve á terra que a viu nacer e cítase cos galegos a partir do 10 de setembro na Casa das Artes de Vigo..
García Lorca dixo dela que entre verbena e espantallo, toda a beleza do mundo cabía no seu ollo e que os seus cadros eran os que vira pintados con máis emoción, imaxinación e sensualidade.
O certo é que Maruja Mallo foi a artista do vento nas cloacas, da terra incendiada e anegada, foi tamén a pintora do pobo, a testemuña do que sucedía na sociedade galega posrepublicana e foi, sobre todo, unha muller moderna e adiantada ao seu tempo. Membro da Xeración do 27 pertenceu ao movemento artístico da vangarda española, as súas creacións son do máis relevante que se pintou no século XX.
O Servizo Educativo da Fundación Caixa Galicia pon a súa enteira disposición un completo programa didáctico que a través de visitas obradoiro nos ensinará, a obra desta xenial artista galega.
10 setembro 2009 – 10 xaneiro 2010
Casa das Artes
Policarpo Sanz, 15. Vigo