Exención taxa do lixo de vivendas 2.013

A Dirección do Centrosociocomunitario de Coia-Vigo, envíanos esta comunicación sobre a exención da taxa de lixo de vivendas do ano 2.013, para que a publiquemos na presente Revista Dixital, para xeneral coñecemento de todos os usuarios e lectores en xeral interesados en acollerse a esta.

Prazo de presentación:  de 1 de outubro ao 31 de decembro 2.012

Presentación: No negociado de Lixo Vivendas ou nas Oficinas de Benestar Social
Nas oficinas facilítase información e axuda coas solicitudes

Las solicitudes teñen que estar asinadas por todos os maiores de 18 anos.

Impresión dende a Páxina Web do Concello: www.vigo.org
Pódese imprimir a solicitude en branco ou ben con todos os datos.

En: Impresos
Tributos / Facenda: taxas, impostos
Exencións e bonificacións / Exención Taxa Lixo Vivendas
Solicitude de exención (descarga)

Ingresos por persoa por debaixo dos cales se ten dereito: (*)
• Xeral ……………………………………. 3.752 euros ingreso bruto anual por persona
• Familias monoparentais………….. 5.211 euros       “        “          “             “
• Familias numerosas……………….. 5.861 euros       “       “          “             “
• Persoas que vivan sóas ………….. 6.821 euros      “       “          “              “
• Persoas maiores de 65 anos…….. 7.504 euros     “       “          “              “
• Maiores de 65 anos vivindo sós.  10.720 euros       “      “          “              “

(*) Límites establecidos na modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Lixo de Vivendas para o ano 2013, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 17.09.2012, e na actualidade en trámite para alegacións e aprobación plenaria posterior.

• Ingresos computables: Ingresos brutos do ano 2011 de todas as persoas que convivan na vivenda (información facilitada ao Concello pola AEAT ).

• Límite do valor catastral de propiedades: 49.305 euros
(sen contar a vivenda na que se reside).

• Enderezos:

Os domicilio e as persoas que consten na solicitude, obrigatoriamente deben coincidir coa información que consta no PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES, de non ser así, antes da súa presentación, deberán dirixirse ao Departamento de Estatística para solucionar os erros existentes.

Documentación:

Fiscal: Non é necesaria, pídese directamente dende o Negociado a AEAT, polo que os solicitantes non teñen que presentala, a non ser que posteriormente se lle requira.

Propiedades: No caso dos inquilinos, contrato ou recibo de aluguer co fin de comprobar o nome do propietario e a vivenda.

Familias numerosas: Título de Familia Numerosa vixente a 1 de xaneiro de 2013.

Familias monoparentais: Exención só aplicable a aquelas familias con fillos escolarizados na ESO. Deberán presentar o Libro de Familia, e no caso de rapaces con idades comprendidas entre 16 e 18 anos, tamén o certificado de estar escolarizados na ESO.

Violencia de xénero: Sentencia xudicial firme que estableza dita situación, dictada nun prazo nun superior a 5 anos.

• Contacto:

Teléfonos Lixo Vivendas: 986-810173 / 986-810198
Correo electrónico: ofi.lixo@vigo.org

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: