Estadías nas Residencias de Tempo Libre

Publicamos esta información que nos ha sido reenviada para su difusión entre los usuarios y lectores en general del Centrosociocomunitario de Coia-Vigo.

residencia_tempo_libre_panxNormativa:

Decreto 84/2012 do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre. (DOG nº 44 do 02/03/2012)
Orde do 5 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2013.(DOG nº 49 do 11/03/2013)

Obxecto:

Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)
Persoas destinatarias:

Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
Galegos residentes no exterior.

Tipos de servizo:

Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.

Documentación:

Solicitude. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Fotocopia do DNI da persoa solicitante, so no caso de non dar o consentimento expreso na solicitude para que a Consellería de Traballo e Benestar comprobe telemáticamente os seus datos de identidade.
Acreditación da discapacidade, de ser o caso.
Fotocopia do libro de familia, no caso de solicitantes da quenda de familias numerosas.

Lugar de presentación:

As solicitudes de estadías na residencia de tempo libre de Panxón presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo (rúa Concepción Arenal nº 8, 36201 Vigo) e as solicitudes de estadías na residencia de tempo libre do Carballiño presentaranse no rexistro do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (avda. da Habana nº 79, 32004 Ourense)

Tramitación electrónica: https://sede.xunta.es

Prazo de presentación:

Ata o 1 de abril de 2013
Pagamento do prezo da estadía.

As persoas beneficiarias realizarán, no prazo de dez días desde a recepción da confirmación da reserva por parte da residencia, un depósito de 30 € por cuarto en concepto da dita reserva, e outro depósito, 30 días antes do inicio da quenda adxudicada.

A primeira quenda do mes de agosto en ambas as dúas residencias queda reservada ás familias que acrediten a súa condición de numerosas; estas poderán, non obstante, solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II. A adxudicación desta quenda farase igualmente por sorteo de datas, e as sobrantes serán incluídas, de ser o caso, no procedemento xeral de adxudicación. As familias numerosas que se presenten ao resto das quendas entrarán no sorteo xeral e non terán preferencia ningunha.

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: