Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Prazas.

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Duración.
As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
Condicións económicas.
Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
Prazo de presentación das solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia 12 marzo 2011.
Requisitos.
a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou os fillos que a acompañen unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.
Criterios de valoración.
-Número de fillas/os a cargo exclusivo da muller:
a) 4 ou máis fillas/os: 3 puntos.
b) 2 ou 3 fillas/os: 2 puntos.
c) 1 filla/o: 1 punto.
-Situación de discapacidade:
a) Situación de discapacidade da solicitante, igual ou superior ao 33%: 3 puntos.
b) Situación de discapacidade das fillas/fillos da solicitante, igual ou superior ao 33%: 3 puntos por cada filla ou fillo.
– Contía dos ingresos mensuais (renda do conxunto da unidade familiar dividida polo número de membros).
-Mulleres que estean residindo nun centro de acollida: 4 puntos.
– Mulleres que acrediten ser ou ter sido vítimas de violencia de xénero nos últimos 3 anos: 4 puntos.
– Mulleres que acrediten estar en situación de desemprego: 2 puntos.
-Mulleres que non gozasen deste programa ou doutros similares: 4 puntos.
Solicitudes e documentación.
As solicitudes, xunto coa documentación, dirixiranse á Secretaría Xeral da Igualdade e presentaranse a través dalgunha das formas previstas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de non presentarse no rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade, deberá enviarse unha copia da solicitude por fax ao número 981 54 19 19 antes da data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
A solicitude presentarase segundo o modelo do anexo I desta resolución, asinada pola solicitante, xunto coa seguinte documentación:
a) Copia cotexada do libro de familia, informe social, sentenza xudicial de custodia ou calquera outro documento acreditativo das fillas e/ou fillos a cargo.
b) No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia ou da tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
c) No caso de discapacidade da solicitante ou das súas fillas/fillos, copia cotexada do certificado expedido polas unidades correspondentes dos departamentos territoriais de Traballo e Benestar.
d) Copia cotexada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao último ano de presentación en relación coa data da convocatoria. No caso de non a ter realizado, por non ter a obriga de presentala, así como no suposto de que as circunstancias sexan distintas no momento da solicitude, declaración responsable da situación económica da interesada, segundo o modelo que figura como anexo II, xunto coa documentación que a xustifique (nómina, recibo de calquera tipo de subsidio, informe social, tarxeta de demanda de emprego, …).
e) De ser o caso, informe do centro de acollida que acredite que a solicitante está a residir nel.
f) A situación de violencia de xénero, de ser o caso, acreditarase mediante documentos
g) Para xustificar a situación de desemprego: copia cotexada da tarxeta de demandante de emprego.
h) Declaración responsable do desfrute do programa, segundo o anexo III.
i) Informe médico orixinal do Servizo Galego de Saúde, referido tanto ás mulleres como as súas fillas e/ou fillos menores que a vaian acompañar, en que conste que non padecen ningunha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
j) De ser o caso, calquera outra documentación (orixinal ou copia cotexada) acreditativa do cumprimento dos requisitos e que permita aplicar os criterios de valoración establecidos: (informes e certificacións dos servizos sociais municipais, centros de información ás mulleres, responsables dos centros de acollida, servizo público de emprego, …).
Máis información: DOG 12 marzo 2011

Fuente:  BIX (Boletín  Informativo Xuvenil).

A %d blogueros les gusta esto: