Escaleiras perigosas


Como usuario do Centro Sociocomunitario de Coia, para achegarme a el, no enderezo Rúa Cangas (detrás do centro deportivo da Avda Castelao), adoito camiñar polo paso peonil que dá á Rúa Cangas dende a Avda, porque polo outro lado o acceso, tamén peonil, ten catro chanzos moi perigosos (estreitos e desiguais en altura e, mesmo sen un pasamáns onde apoiarse.

Esoutro día, por atallar un pouco e seguindo a un home que colleu por alí, seguino. Chamou a miña atención porque tiña unha cabeleira branca que o vento facíalla revirar de tal xeito, que parecían folerpas de n

eve que lle caían na cabeza. De súpeto, ao subir á escaleira tropezou e caeu; achegueime de contado e axudeino a levantarse. Botou un “taco” gordo, eh!
Pregunteille si lle doia algo e díxome que non; insistinlle que debería miralo un médico e riuse de min. Só teño as mans un pouco rabuñadas das areas. Convencino para que entrara no centro e lavara as mans, e así o fixo.

Logo inviteino a un café e aceptou. Xa confraternizáramos. El non coñecía a zona e andaba camiñando, e entón íase metendo polos recunchos para satisfacer a curiosidade; non sabía o que había alí.

Saímos e indiqueille que saíra xa directo polo outro lado, pero el quixo voltar a escaleira, e díxome: mira ti que fácil sería facer unha menos perigosa. -Eu escoitaba como si fora un aprendiz-. Con cinco chanzos de 15 centímetros de alto e 35 de plan, e cun pasamáns deses que se fai agora de aceiro inoxidable quedaría ben. Entón eu pregunteille: vostede é albanel? -Non oh, eu fun canteiro. E díxoo con afouteza.
Despedímonos e… ata outra!

Quedei pensando: nin el me preguntou o meu nome nin eu lle preguntei o del…nin lle dixen que eu xa caín alí; nin que dúas persoas do centro tamén me falaran do problema.Quizais que o canteiro teña razón.
Compre mudar os chanzos da escaleira .

 

 

Telmo Comesaña

xullo 2019

A %d blogueros les gusta esto: