¡¡¡Entroido en Galiza!!!

 

A data de celebración do Entroido non é fixa, depende da Coresma cristiá. A duración, en tempos, viña a ser de dúas semanas e media , pero hoxe son poucos os lugarares en que dura tanto.

Antiguamente celebrábase o “Domingo fareleiro” no que nenos e mozos loitaban botándose fariña, este costume aínda perdura nalgúns lugares. O  “Xoves de Compadres” no que as mozas levaban nun pau un pequeño boneco de palla que os mozos lles queren quitar. O  “Domingo Corredoiro” no que tamén botaban formigas vivas, outro costume que tamén perdura nalgunhas zonas. O “Xoves de Comadres” que era como o de compadres pero ó revés.

“Domingo do Entroido” é na actualidade cos dous días seguintes, luns e martes,  os que quedan e os de máxima festa.
O Entroido remata co  “Enterro da Sardiña”.  Celébrase o Mércores de Cinza, tamén se pode celebrar o martes ou ó seguinte domingo, chamado “Domingo de Piñata”.  Consiste nunha comitiva de cregos, autoridades, choronas e acompañantes do defunto
Entroido que o levan a enterrar. Queimano e bótano ao río, ou ao mar, mesmo o meten baixo terra.

Na nosa terra hai comidas saborosas típicas destas datas. Como a cacheira, o lacón con grelos, as filloas, as orellas e as flores.

Trátase dunhas festas de moita troula. O costume e disfrazarse, facer bromas, bailes e desfiles de comparsas. Aprovéitan para meterse cos políticos, personaxes e feitos máis sinalados do ano.
Esta é a razón de estar prohibidos durante a dictadura, aínda que nunca desapareceron totalmente.

Tampouco a Igrexa os ve con bos ollos, pois di que dan pé para facer algunhas falcatruadas co galo de que non te recoñecen.

Entre nosoutros os de máis sona, son os de Laza e Xinzo de Limia.

Asinado:
Carmene elena reguera gandon

(baseado principalmente nun traballo dun libro de música)

Héléne

A %d blogueros les gusta esto: