Entrevista ca directora do Centro Tema: Viaxes e saidas culturais

P1010139

-Cal é o motivo de realizar viaxes nestes Centros?

“E unha tradición realizar viaxes nos centros sociais, parroquias, asociacións, nos medios escolares, nas empresas etc. porque en principio é unha actividade  que lle gusta a xente en xeral,  e unha actividade moi demandada polos usuarios.”

Como se chega a programar viaxes tan lonxe do Centro?

“Pois como xa dixen, debido á insistencia dos usuarios, primeiro foron viaxes curtas ( a Santiago, a Coruña) logo pedían ir ao estranxeiro e organizámoslles un a Portugal pero para os galegos Portugal non é estranxeiro, así que a base de insistir,  organizamos a primeira viaxe a Italia e até hoxe”

-A quen van dirixidos as viaxes que se programan?

“En principio á poboación en xeral pero en especial a aquelas persoas que polas súas circunstancias persoais non son o cliente tipo  das axencias de viaxes tradicionais. Aquelas persoas que están soas, que non se atreven a viaxar por non coñecer o idioma, aquelas que non teñen medio de transporte, ou simplemente aquelas que lles gusta que todo llo dean feito e ter unha viaxe exclusiva con amigos e veciños”

-Que quere dicir cunha viaxe exclusiva?

“Quere dicir que se deseñan desde o centro, algunhas veces pola demanda dun taller ou un colectivo,  ou que sobre as xa confeccionados polos maioristas,se realizan todas as modificacións que consideremos necesarias para adaptarlas aos nosos intereses. Nas nosas viaxes ou saídas está todo incluído non hai que preocuparse de nada, o “tempo libre” habitualmente non existe, sempre estamos acompañados por un guía, as nosas viaxes son unha clase de cultura sobre rodas.

-Cal é entón a finalidade das saidas ou viaxes?

“As saídas e viaxes culturais veñen tradicionalmente  formando parte da programación do centro, como un medio para fomentar a convivencia a solidariedade entre os usuarios o mismo tempo que coñecer e respectar outras culturas”

-Que tipos de viaxes ou saídas  poden  realizar os usuarios?

“Prográmanse diferentes tipos de viaxes: Visitas a exposicións locais ou no territorio autonómico que se realizan en xeral dentro do marco dos obradoiros culturais. Saídas de saúde a centros termais ou talasoterapia. Saídas para asistir a conferencias, congresos, por exemplo as que se realizan dentro do marco do Convenio Xunta-Fundación La Caixa, monográficas (monasterios, castros, rómanico…), de coñecemento do entorno, saidas para coñecer outras Autonoías, Comunidade Europea….. Tendo diferente duración según cada caso”

-Que viaxes se estan preparando neste momento a Comunidade Europea?

“Sempre se recolle o sentir dos usuarios, estanse preparando dúas viaxes: en xuño a Escocia, en setembro a Bruselas-Países Baixos.con visita incluida ao Parlamento Europeo este último a proposta do Obradoiro de Debates”

-E por noutras autonomías?

“Dentro do programa “Coñecer outras autonomías”: estase a preparar para  maio a Ruta del Quijote, que está sendo solicitado polos usuarios que asisten ao obradoiro Debates; todavía sen definir Palilleiras en Cantabria, demandado polo obradoiro de Bolillos”.

-E as Viaxes por Galicia?

“A Consellería de Traballo e Benestar a que pertenecemos pon en marcha para antes do verán programas como “Comece o teu pais” ou “Galicia Natural”, programas moi interesantes tanto de contenido como de precio xa que están subvencionados, o único inconvinte é que estan programados só para amiores de 65 anos, nós tamén programaremos algunha viaxe por Galicia dun ou varios días pero aínda están por determinar. Prevense polo menos dúas viaxes interxeneracionais pola nosa autonomía”.

-Entón as viaxes que se programan desde o Centro non teñen subvención?

“Habitualmente non, os orzamentos do Centro para actividades non o permite, pero si é certo que hai un traballo  anterior á viaxe e que se fai desde o Centro, cos medios deste, polos profesionais do mesmo, si este traballo está ben feito hai moitas posibilidades de que a viaxe salga ben. Esa é se se quere unha forma de subvención ya que o noso traballo facilitalles as axencias o seu, así podemos conseguir prezos competitivos”.

– Que labor realiza entón o Centro?

“A programación destas actividades require por parte do Centro unha dedicación no tema de coordinar os intereses dos usuarios e demandar ás axencias de viaxes un programa que ademais de competitivo en canto a prezos, nos acerque o máis posible á cultura do lugar a visitar; unha programación que teña en conta as características dos viaxeiros potenciais e os intereses do grupo, supervisar as diferentes opcións, horarios , hoteis, menús, visitas guías etc”.

– Como se elixe a axencia que realiza o servicio?

“Ás axencias dámoslles o programa deseñado, con datos claros de prioridades. Nalgunhas ocasións pídese orzamento a diferentes axencias, pero habitualmente trabállase con unhas determinadas por que xa coñecen os nosos gustos,  esixencias e si é posible contrata aos guías que nós demandamos. Nas viaxes de longa duración non existe ningunha relación de contrato entre o centro sociocomunitario e a empresa coa que se concerta a viaxe, polo tanto a empresa e a única responsable do cumprimento do contratado cos usuarios”.

Que tipo de esixencias?

“Pois cousas tales como que os hoteis sexan céntricos, que realicemos algunha actividade que nos achegue ao folclore local, que os voos estean coordinados para que sexan o máis levadío posible para os usuarios, tendo en conta as características de idade etc”.

-É necesaria  a súa presenza nestes viaxes?

“Si por suposto, é parte de esa subvención de que falabamos, unha viaxe sobre todo si é de varios días é unha actividade de forte convivencia para o bo e para o malo, poden nacer grandes amizades pero poden xerarse graves conflitos, é ai onde intervén a dirección, ademais de facer unha supervisión sobre o contratado. Nestas viaxes poden surxir múltiples incidentes  a miña presenza e unha seguridade para o guía por que o meu coñecemento dos usuarios pode resolver problemas, cando non podo ir eu procuro que acompañe algún monitor do centro, si non é posible un guía da axencia pero da miña confianza e con coñecemento dos usuarios, ademais de ter o meu telefóno disposto para qualquera dubida. Aunque pareza unha “abicoca” unha viaxe como responsable non o é,  pásanse malos intres, algunha persoa perdida, enferma, enfadada coa súa compañeira de cuarto…..etc.

– Una anecdota.

“Pois dúas amigas moi viaxadas, desenvoltas, eu as vira na porta de embarque, entramos no avión e unha vez sentados dámonos conta da súa falta, notificamolo á azafata e dinos que efectivamente faltan pero xa non poden entrar, despistáranse falando e non viron que embarcábamos, chegaron  8 horas máis tarde noutro voo, eu paseino mal pero suspirei con alivio de que lles sucedese a elas e non a outras menos viaxadas e non tan desenvoltas.

-E agora unha pregunta indiscreta que a moitos usuarios lle gustaría facerlle: Quen paga a súa viaxe en estas saidas?

“A Consellería non ten previsto ningún tipo de compensación nin ecónomica ni de horario por o noso traballo en ese tipo de actividades.O custo da nosa viaxe, por ser xefe de grupo (si este é  superior a 30 ou 35  persoas), o asume como é habitual o maiorista  e a compañía aérea,  ou sexa que si o que quere saber é si eu pago como usuario a resposta é non, si o que quere saber é si repercute sobre o precio dos usuario a resposta é non. Calquer acompañate que  eu  leve paga como todo usuario, o seu único privilexio é que non madruga para coller sitio”.

-Considera que as viaxes non son un poco caras?

“O caro e o barato é moi relativo, hai usuarios para todo tipo de presupostos, hai que formular que inclúe a viaxe e a conta de que poden reducirse os prezos, creo que a calidade prezo é moi boa, a proba é que se pode ir sen apenas levar diñeiro de peto e os que máis valoran como os programamos e os prezos son os que xa viaxaron moito”

-Grazas, seguiremos se nolo permite facendo lle preguntas sobre outros temas referidos á dinámica do Centro porque seguro que aos usuarios lle interesan.

“Encantada”

P1010081

As fotos que acompañan esta entrevista estan feitas por usuarios durante viaxes do Centro.

Deixa o teu comentario

O centro, ten dereitos de moderación de comentarios que considere non concernentes aos temas expostos.

Esta entrevista suscitou múltiples comentarios, en concreto dous que o equipo de redacción eliminou por considerar que vulneraban a honra da persoa á que ían dirixidos, porque facían insinuacións que poden ser constitutivas de delito e todo desde o anonimato por tanto retirámolas.
Aínda así queremos deixar o espírito dos mesmos, xa que sen esta explicación non se entenderían os demais comentarios.

As entradas eliminadas (de Evaristo e María) viñan pór en dúbida a resposta á última da pregunta das formuladas na nosa entrevista.

4 comentarios en “Entrevista ca directora do Centro Tema: Viaxes e saidas culturais

  • el 08/02/2010 a las 4:25 pm
    Permalink

    Me temo que ustedes o no leen correctamente o tal vez no entienden lo que está escrito. Voy a aclararlo porque lo sé bien. El coste del viaje de la directora lo paga el MAYORISTA, y ningún usuario. Esto es así aquí en el Centro Sociocomunitario o en cualquier otra entidad que se mueve con grupos grandes, tales como asociaciones vecinales, prensa, etc. No pagan los usuarios, se lo repito, sino la empresa privada-el mayorista. En cuanto a que es una bicoca viajar así, yo les invito a que ustedes organicen un viaje con un grupo y se hagan responsables de todas las incidencias que ocurren en ese trayecto donde , ustedes deben atender y estar disponibles para un grupo de 50 personas mínimo. Es fácil criticar desde un asiento y cuando no se ha tenido la experiencia de tal responsabilidad. Prueben y después verán como resulta más cómodo pagar tu viaje y hacer lo que te venga en gana, sin tener que atender a nadie, sin tener que estar pendiente que alguien se pierda, se ponga enfermo, etc, o, simplemente, que te llamen a las 2 ó 3 de la mañana porque fulanito se ha puesto enfermo y hay que acompañarlo al hospital. Seamos honrados y reconozcamos el esfuerzo de una persona que lo ha demostrado durante muchos años. Les invito a que prueben a responsabilizarse de un grupo y ya me cuentan si es o no una bicoca viajar. Y si tienen hijos en el cole, cuando hablen con la profe que les acompaña, a la que también el mayorista le “regala” la plaza, si resulta chahi piruli. Opinemos con conocimiento de causa, y criticar cuando hay que hacerlo, no desde la butaca y sin saber de qué va la cosa. Un saludo. Ruiz

  • el 08/02/2010 a las 5:21 pm
    Permalink

    Bien por el entrevistador: pregunta lo que otros no se atreven a hacer, bien por la valentía de la entrevistada, cuando hubiera sido mejor pactar el no contestar ciertas preguntas embarazosas.
    Yo realizo viajes con este centro y tengo que decir que me gusta como se organizan, cuando viajo por mi cuenta sé lo que se paga y que las “gangas” de las que habla la gente creo que son parte de las leyendas que circulan por la red, la última vez que viaje con una supuesta ganga no os quiero contar lo que me costó cada kg. de equipaje.
    No pregunto cosas que son evidentes, ni me planteo si medio autobús va gratis, analizo el viaje, valoro el precio y si me interesa me anoto, para mi que, ya tengo una edad, el que me lo den todo hecho y que sepa que si me sucede algo no voy a quedarme sola es imprescindible.
    De todas formas a ver si a los viajes no se les da tanta publicidad( es broma), o los anotados tiene en cuenta la opinión de Evaristo y se dan de baja, por que yo que soy habitual de ellos vine a anotarme y en el de los Países Bajos me dijeron que hay casi 80 personas en la lista de preinscripción.

  • el 08/02/2010 a las 5:55 pm
    Permalink

    Directora, ni caso. Es que no se puede ser…. ¿cual es la palabra? Vital, Trabajadora, Emprendedora, Comprometida.
    Porque alguien pensará que Ud. va a la cena de carnaval por comer, que va a la concentración de los malos tratos por protagonismo, que se embarca en tema de Haití porque quiere deshacerse de trastos o Dios sabe porque, que potencia la participación de los usuarios y da la cara cuando es preciso es porque le gusta que le den caña y así un largo etc.
    Las que tenemos una tarjeta de usuario de menos solo tres dígitos echamos de menos viejos tiempos, a los que quizás no la conozcan también porque nuestra “aldea” ya se convirtió en un “pueblo” grande donde no nos conocemos todos, solo decirles que dejen en la acera aparcados los malos rollos (por favor recójanlos al salir).
    Busquen comparen y si encuentran algo mejor ¡¡cambien!!
    Nunca llueve a gusto de todos.
    PD. FELICIDADES A TODO EL EQUIPO DE LA REVISTA

  • el 09/02/2010 a las 8:51 pm
    Permalink

    ¿Qué fácil es criticar cuando no sabemos ponernos en el lugar del otro?. Y usted, señor Evaristo, ¿podría organizar a 50 personas, alojamiento, comida, seguimiento de todo para que todo salga bien, en un país donde desconoce su lengua, etc?. Renunciaría usted a la comodidad de hacer lo que le venga en gana en un viaje, para atender a todos?. Pero, de verdad, si está descontento o piensa que alguien se adueña de su dinero en esos viajes, de verdd, mi consejo es que vaya usted por libre. Pero eso sí, le apuesto lo que quiera que el mismo viaje no le va a salir tan bien de precio y prestaciones

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: