Entrevista a Tim Gupton

timothy1-entre1.jpgA outra seman visitou o noso Centro Social un cidadá americano, nado nas Vegas e residente en Iowa City, ven a recoller datos para a súa tese doutoral sobre a sintaxe do galego. Pide a nosa colaboración e todolos que o podades axudar contestando  as súas enquisas podedes facelo . Os enlaces son:

https://survey.uiowa.edu/wsb.dll/642/invlinghist1.htm

https://survey.uiowa.edu/wsb.dll/642/invgrupo1dia2.htm

mailto:timothy-gupton@uiowa.edu

Entrevista con Timothy Gupton

De onde és?

Son de Las Vegas orixinalmente. Escapei de alí ás 24 anos. Desde entón vivín en Illinois (2,5 anos), Corea do Sul (5 anos), e Iowa City (3 anos). Cando eu volver aos EE.UU. irei a Iowa City de novo para terminar o doutoramento na Universidade de Iowa.

É a primeira vez que visitas Galicia?

Estivera aquí unhas veces no pasado. En 1994 a miña ex-moça mais eu fomos a Santiago de Compostela e A Coruña. Íamos vir a Vigo para visitar o meu compañeiro de piso, pero non puiden contactar con el. A ex-moça quería seguir ata O Porto en Portugal, así que non paramos en Vigo. En 1999, eu estaba a facer investigacións en Navia (Asturias) e crucei o río Eo un día para visitar Ribadeo.

Lembras da túa primeira impresión de Galicia?

Hai tanto tempo. Lembro de tres cousas que si me impresionaron. Primeiro, o verde. En 1994 só tiña 21 anos e non vira un lugar tan verde na miña vida. Segundo, a presenza da lingua galega polas rúas me impresionou – sobre todo en Santiago. Terceiro, escoitar música celta polas rúas de Santiago de Compostela me impresionou – é realmente máxico! Nesa época non sabía moito sobre o pasado celta de Galicia.

Tes un lugar favorito?

Isto é difícil. Paso moito tempo traballando no meu piso, e por iso non teño moito tempo para facer turismo. Gústanme moito as rúas de Santiago e de Pontevedra porque teñen moito encanto. Visitei Nigrán unha vez cando o sol se poñía. Foi realmente bonito. Allariz é unha cidade moi bonita tamén. Pasamos as últimas dúas semanas do curso de verán alá.

timothy2-entre2.jpgViñeches a Vigo para o curso de verán. Por que Vigo?

Os profesores da miña comité doutoral teñen colegas na Universidade de Vigo. Cando decatei que a universidade tamén tiña un curso de verán de lingua galega, a decisión foi moi fácil.

Tes unha palabra favorita en galego?

Supoño que sería morriña. Paréceme moi galega esta palabra. Ademais, como viaxei moito sempre teño sentimentos de morriña para lugares e xente que coñecín no pasado.

Tes morriña para Las Vegas?

Home, si e non. Sinto máis morriña para a miña familia e amigos que aínda están alí – non tanto para a cidade. É un lugar bonito para visitar pero nunca podería volver a vivir alí.

Galicia é moi diferente de Las Vegas. Que opinas da natureza aquí?

Pois, gústame moito. Illinois, Corea do Sur e Iowa son lugares moi verdes, así que me fai sentir cómodo. O clima é parecido tamén. Supoño que a humidade do verán é a cousa máis difícil para min porque me fai suar moitísimo.

E por que decidiu estudar o galego para a tese?

Quería estudar unha cuestión teórica nunha clase de sintaxe. Fun lendo máis sobre esa cuestión no castelán e o portugués, e deime conta de que non había nada escrito sobre esa cuestión para o galego. Xa que o galego comparte moito co castelán e o portugués, era un tema perfecto. Os resultados desa investigación fixeron xurdir máis preguntas que respostas, e vin que me gustaría escribir a tese sobre a sintaxe do galego.

De que se trata a investigación?

Sen dicir demasiado – e talvez afectar os meus resultados – estou a estudar a orde básica da frase e como pode variar segundo o contexto dunha conversa. A miña investigación é innovadora no feito de que estou a recoller datos máis empíricos, de corpus, para establecer iso.

Cantas persoas necesitas que participe na investigación?

Idealmente, 60 en total – 30 de cada grupo de idade. Estou a investigar as persoas que teñen entre 18 e 25 anos, e logo as que teñen máis de 50 anos. Ata agora, só teño 5 enquisas completas.

Vas ter tempo para recoller todos os datos?

Non o sei. Espero que si. Só vou estar en España ata os comezos de xaneiro. Ao mellor terei que volver.

Cal é o problema principal?

O problema máis xeral é que a xente está moi ocupada – non ten o tempo, supoño. Podo comprender isto. Ademais, algunhas persoas só fixeron a primeira metade da enquisa. Se só fan a metade, os resultados non son válidos. Non desespero, son moi paciente! Esta semana vou comezar recoller datos na universidade, e vou seguir a visitar os centros sociais, centros cívicos e centros de veciños da provincia de Pontevedra.
A outra seman visitou o noso Centro Social un cidadá americano, nado nas Vegas e residente en Iowa City, ven a recoller datos para a súa tese doutoral sobre a sintaxe do galego. Pide a nosa colaboración e todolos que o podades axudar contestando  as súas enquisas podedes facelo . Os enlaces son:
https://survey.uiowa.edu/wsb.dll/642/invlinghist1.htm

https://survey.uiowa.edu/wsb.dll/642/invgrupo1dia2.htm

mailto:timothy-gupton@uiowa.edu

Entrevista con Timothy Gupton

De onde és?

Son de Las Vegas orixinalmente. Escapei de alí ás 24 anos. Desde entón vivín en Illinois (2,5 anos), Corea do Sul (5 anos), e Iowa City (3 anos). Cando eu volver aos EE.UU. irei a Iowa City de novo para terminar o doutoramento na Universidade de Iowa.

É a primeira vez que visitas Galicia?

Estivera aquí unhas veces no pasado. En 1994 a miña ex-moça mais eu fomos a Santiago de Compostela e A Coruña. Íamos vir a Vigo para visitar o meu compañeiro de piso, pero non puiden contactar con el. A ex-moça quería seguir ata O Porto en Portugal, así que non paramos en Vigo. En 1999, eu estaba a facer investigacións en Navia (Asturias) e crucei o río Eo un día para visitar Ribadeo.

Lembras da túa primeira impresión de Galicia?

Hai tanto tempo. Lembro de tres cousas que si me impresionaron. Primeiro, o verde. En 1994 só tiña 21 anos e non vira un lugar tan verde na miña vida. Segundo, a presenza da lingua galega polas rúas me impresionou – sobre todo en Santiago. Terceiro, escoitar música celta polas rúas de Santiago de Compostela me impresionou – é realmente máxico! Nesa época non sabía moito sobre o pasado celta de Galicia.

Tes un lugar favorito?

Isto é difícil. Paso moito tempo traballando no meu piso, e por iso non teño moito tempo para facer turismo. Gústanme moito as rúas de Santiago e de Pontevedra porque teñen moito encanto. Visitei Nigrán unha vez cando o sol se poñía. Foi realmente bonito. Allariz é unha cidade moi bonita tamén. Pasamos as últimas dúas semanas do curso de verán alá.

Viñeches a Vigo para o curso de verán. Por que Vigo?

Os profesores da miña comité doutoral teñen colegas na Universidade de Vigo. Cando decatei que a universidade tamén tiña un curso de verán de lingua galega, a decisión foi moi fácil.

Tes unha palabra favorita en galego?

Supoño que sería morriña. Paréceme moi galega esta palabra. Ademais, como viaxei moito sempre teño sentimentos de morriña para lugares e xente que coñecín no pasado.

Tes morriña para Las Vegas?

Home, si e non. Sinto máis morriña para a miña familia e amigos que aínda están alí – non tanto para a cidade. É un lugar bonito para visitar pero nunca podería volver a vivir alí.

Galicia é moi diferente de Las Vegas. Que opinas da natureza aquí?

Pois, gústame moito. Illinois, Corea do Sur e Iowa son lugares moi verdes, así que me fai sentir cómodo. O clima é parecido tamén. Supoño que a humidade do verán é a cousa máis difícil para min porque me fai suar moitísimo.

E por que decidiu estudar o galego para a tese?

Quería estudar unha cuestión teórica nunha clase de sintaxe. Fun lendo máis sobre esa cuestión no castelán e o portugués, e deime conta de que non había nada escrito sobre esa cuestión para o galego. Xa que o galego comparte moito co castelán e o portugués, era un tema perfecto. Os resultados desa investigación fixeron xurdir máis preguntas que respostas, e vin que me gustaría escribir a tese sobre a sintaxe do galego.

De que se trata a investigación?

Sen dicir demasiado – e talvez afectar os meus resultados – estou a estudar a orde básica da frase e como pode variar segundo o contexto dunha conversa. A miña investigación é innovadora no feito de que estou a recoller datos máis empíricos, de corpus, para establecer iso.

Cantas persoas necesitas que participe na investigación?

Idealmente, 60 en total – 30 de cada grupo de idade. Estou a investigar as persoas que teñen entre 18 e 25 anos, e logo as que teñen máis de 50 anos. Ata agora, só teño 5 enquisas completas.

Vas ter tempo para recoller todos os datos?

Non o sei. Espero que si. Só vou estar en España ata os comezos de xaneiro. Ao mellor terei que volver.

Cal é o problema principal?

O problema máis xeral é que a xente está moi ocupada – non ten o tempo, supoño. Podo comprender isto. Ademais, algunhas persoas só fixeron a primeira metade da enquisa. Se só fan a metade, os resultados non son válidos. Non desespero, son moi paciente! Esta semana vou comezar recoller datos na universidade, e vou seguir a visitar os centros sociais, centros cívicos e centros de veciños da provincia de Pontevedra.

Graciñas Tim pola túa presenza na nosa terra e por escoller para a túa tese o nosa agarimosa lingua.

Carlos y Ángeles

A %d blogueros les gusta esto: