As mulleres

vista1.jpg

As mulleres dos mariñeiros
Quedan na casa a rezar
Rezan por seus compañeiros
Que arriscando están no mar

Oxe ha tronos, ha galerna
Quizais non poidan pescar
Seica en algunha praia
“A capa” co barco están

A chabola están chamando
Por mor que noticias ha
Quince días xa pasaron
O barco estará a chegar

“Chegan o Venres a noite”
O armador ven de anunciar
O Sábado mais alto prezo
Co comprador vai arranxar

As mulleres a espera
No peirao están a ollar
Alá po lo hourizonte
Os barcos ven de asomar

¡O Wenceslao trae “capote”
Ven sus pendido no mar!
Vaia traballo que teñen
Traballar e non gañar

Traen tarefa para casa
Palangres para “alistir”
Desenredar os enredos
Na “madre” que corrixir

Moita “barsolada” nova
Moito anzuelo que “empatar”
Para que che paguen moi pouco
Un par de pescadas, non mais

Esa e a triste sorte
Do que traballa no mar
Coma os mineiros na mina
Onde tesouros non ha

E si algún tesouro atopan
Alá agochado no mar
As larpeiras da “Ferrería”
Están prestas a axexar
Para que non cheguen o fogar enteiro
O que atoparon no mar
Probes mulleres que sofren
O que seus homes lles dan

CENEME

A %d blogueros les gusta esto: