El Museo Liste convoca un concurso de fotografia

El Museo Liste de Vigo, convoca un interesante concurso de fotografía para gente aficionada, o profesional,  con motivo del Dia Internacional de los Museos.
Bases que rigen el concurso:

As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:
– Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
– Técnico: valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
– Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.

Temática: “Arquitectura da cidade de Vigo”.

O tema proposto para este ano ten a intención de recoller testemuñas arquitectónicas cos máis diversos criterios. Os participantes poderán atender a calquera aspecto arquitectónico que consideren: edificios de estilos determinados, restauracións ou rehabilitacións, feismo arquitectónico, urbanismo, arquitectura popular e construcións adxectivas, …
Os elementos fotografados deberán estar presentes a día de hoxe na cidade. Han de ser fotografías actuais realizadas ex profeso para o concurso. É imprescindible que, xunto cos datos do participante, aparezan identificados coa súa localización os elementos fotografados.

 Participantes e número de obras:

Poderá participar todo aquel que o desexe con un número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.

Categorías:

Establécense dúas categorías de participación:
1º categoría: participantes ata 18 anos. 2º categoría: participantes a partir dos 18 anos.
Premios:

Establécense 3 premios por categoría. Os autores das obras gañadoras recibirán unha figura conmemorativa e a exposición da súa obra durante un período de 15 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo.

Aínda que o concurso convócase co gallo do Día Internacional dos Museos, a entrega de premios e a inauguración da exposición das fotografías premiadas realizarase o día 17 de maio, “Día das Letras Galegas” a partir das 12:30 h. na sede do Museo por ser festivo na nosa Comunidade.
Presentación das obras

Identificación e envío: As fotografías serán enviadas por correo electrónico en arquivos axuntos de xeito individual (un arquivo por fotografía). O seu tamaño deberá ser de 2362 x 3543 píxeles, ou ben 20 x 30 cm. cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato jpeg. Non se admitirán fotomontaxes.
As fotografías serán enviadas en arquivo axunto cuxo nome será o título da mesma, mentres que no texto da mensaxe especificaranse os datos do participante que deberán incluír: categoría na que participan (idade se é menor de idade); nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código postal, poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de contacto; título da foto e lugar de realización da mesma.
O enderezo de envío é: didactica@museoliste.org. Será enviado correo de confirmación de recepción. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún concurso..
Prazo de admisión das obras: ata o 25 de abril de 2017.
Información enviada por el Museo Liste de Vigo

A %d blogueros les gusta esto: