El Casco Vello y la fiesta de la Reconquista el 6 y 7 de Abril.

PTE CASCO VELLO-CÁNDIDOAhora que estamos a punto de celebrar una de las fiestas más populares y divertidas de nuestra ciudad, como es la fiesta de la Reconquista, quisimos realizar la presente entrevista al presidente de la asociación de vecinos del Casco Vello, el señor Cándido. Son ellos, con la ayuda de todos los vecinos y también la asociación del Centro Cultural de Valladares, quienes se encargan, y muy bien, de organizar la fiesta para que disfrutemos todos los vigueses.

Vecino del Casco Vello pero Cándido nació en Coruxo.

“Me llamo Cándido Pérez Betanzos, nacín en Coruxo, na casa da miña avoa, hai 55 anos. Traballo na Universidade de Vigo, no Servizo de prevención de Riscos Laborais. Fun secretario da Asociación de Veciños e Propietarios de San Miguel de Oia do 1980 ao 1984”.

Así, con tanta claridad y llaneza , Cándido nos narra, en la presente entrevista, esos entresijos e historias de la fiesta:

¿Desde cuánto tiempo es presidente de la asociación de vecinos del Casco Vello?

Dende o ano 2010

reconquista2¿Cómo se metió en este desasosiego y trabajo no remunerado que es presidir una asociación vecinal?

Era socio, dispuña de algún tempo libre, e coñecía a algunha das persoas que  formaban parte da directiva. Así que aceptei a súa invitación.

 ¿Cómo son los vecinos de este corazón de Vigo que es el Casco Vello?

En xeral como os demais do resto do Concello, coas carencias e cos problemas que supoñen vivir no centro da cidade, pero na súa relación co barrio, debo destacar o traballo, esforzo e compromiso que moitísima xente ten co barrio e coa Asociación ao longo do tempo, que demostran participando en todo tipo de actividades, e no traballo de recuperación do mesmo.

 Y vamos a la fiesta de la Reconquista: ¿desde cuánto tiempo la llevan organizando ustedes como asociación?

Esta é a XIX, a décimo novena edición da Festa, levamos por tanto 19 anos.

CON NEL GRUPO DE MESA 4 ¿Cómo fue evolucionando la Fiesta y qué novedades se fueron introduciendo hasta llegar a la actualidad?

Comezamos pintando as murallas no suelo e poñendo as sete portas da vila, no terceiro ano iniciáronse as representacións na praza da Constitución, ata que hai catro saímos á Porta do Sol. O ano pasado foi declarada Festa de Interese Turístico Galego, e xa trascende ao Casco Vello, para convertirse na festa de Vigo.

Dende as primeiras celebarcións ate agora, creceu o recinto da festa, incorporando novas rúas e prazas case cada ano, medrou o mercado, as representacións teatrais, as exposicións, a animación musical, infantil, etc., e as actividades paralelas, como por exemplo: a Cea da Reconquista que este ano celebramos en Valladares.

No cabe duda que la respuesta de los vigueses cada año va a más. En la próxima edición, ¿cuánta gente de la asociación participa en los actos, cuántos puestos habrá y  novedades que introdujeron este año?

Na representación participan máis de 400 persoas, pero non so da nosa Asociación, senón tamén doutras, como Valladares, Mos, Pontesampaio, e moitas persoas doutros lugares da cidade. É unha festa aberta á participación dos vigueses e viguesas, e da xente que ven de fora.

Este ano, despois de ter que rexeitar moitísimas solicitudes por falta de espazo, participarán 240 postos. Artesanía, hostalaría, demostracións de oficios, actividades para criaturas.

Entre as novidades podemos citar a reescritura da represenación do sábado que incorpora novos personaxes, o traslado dos concertos a praza do Berbés, e o embarque das tropas francesas que se fará na dársena do Náutico.

 No puedo evitar la pregunta clave en los tiempos que corren: ¿Cómo se organizan para tener presupuesto para todo y de dónde sale el dinero?

Fundamentalmente das achegas do Concello de Vigo, Concellería de Cultura e Alcaldía, fondos da Asociación, a Deputación de Pontevedra, e logo a colaboración doutras entidades que ofrecen espazos ou axudas puntuais.

¿Nos da unas pautas para que disfrutemos mucho de la Fiesta y no nos perdamos  nada? 

A mellor maneira de gozar da Festa e vestirse de época e prepararse para facer vida no recinto da festa. Xantar no mercado ou nos bares do barrio, bailar e cantar cos grupos de animación, visitar as exposicións, asistir ás representacións, e participar na do domingo. As persoas que visten de época poden participar no desfile entre a Porta do Sol e o Náutico, pasando pola porta da Gamboa.

reconquista1

¿Cuál es su ruta preferida por el Casco Vello?

Unha das que máis fago e subir do Berbés pola rúa Real ate a de Oliva, logo pasar pola praza da Constitución, e cando teño que ir ao Concello, subir por Abeleira Menéndez, onde esta a Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”, e continuar pola Ferrería, recién rehabilitada. Outras veces perderme pola rúa Alta, Poboadores, ate a pequena praza do Peñasco.

En la presente edición realizaron un acto conjuntamente con la asociación de Valladares . ¿Continuarán en este línea ?

A Asociación de Valladares ven participando dende hai anos nos actos da Reconquista e nas conversas que tíñamos, valoramos a posibilidade de sumar esforzos e facer algo que abrira aínda máis a festa a toda a cidade, ás parroquias. Pareceunos que a Cea xunto coa representación teatral e actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés, podía ser unha forma de comezar.

Agardamos poder continuar nesa línea e convidar a outras parroquias e barrios a participar na festa que organizamos no Casco Vello para toda a cidadanía.

Y concluimos la entrevista animando a todo el mundo a participar y divertirse  con la Reconquista, nuevamente. Queda demostrado que los vecinos y asociaciones de nuestra ciudad saben organizar, muy bien, un evento divertido, con calidad y con cabida para todo el mundo. Felicidades por seguir.

Texto y fotos: A.Garrido.

A %d blogueros les gusta esto: