Educación

Quizais sexa unha das palabras máis acaídas para rexeitar comportamentos ou actitudes que non nos convencen ou nos ofenden. Cando algo diso sucede adoitase dicir que hai moito mal educado e non falta quen  apunte que o problema ven da falta de escola.

Educación Quizais sexa unha das palabras máis acaídas para rexeitar comportamentos ou actitudes que non nos convencen ou nos ofenden. Cando algo diso sucede adoitase dicir que hai moito mal educado e non falta quen  apunte que o problema ven da falta de escola.Ao longo da miña vida teño presenciado episodios do máis variado: falta de respecto ao subir a un autobús: entran  “en tromba”,  apartando aos que chegaran antes, e/ou tamén sentando sen ver que hai persoas  nas que se pode ollar fatiga ou algunha eiva non visible. Con respecto o saúdo cando se chega a onde hai xente pouco queda que dicir; tal parece que as persoas alí presentes son seres inanimados, ou que forman parte do mobiliario público. Na casa onde me criei ensináronme a tratar coa xente. Saudar a todo o mundo, non tirar cousas ao chan, deixar o asento no tranvía as persoas maiores, non tirarlle pedras aos cans nin aos gatos, non coller nunca o que non  e teu…

Naqueles derradeiros anos da década dos 30 e  da década dos 40 do pasado século, era moi normal que a miña familia e outras moitas, non lles dirixiran a palabra  a aqueles que contribuíran  a “desaparición de meu pai e meu tío Antonino”. Con todo, á miña irmá e a min educáronnos nos valores republicanos  (Liberdade, Igualdade e Fraternidade),  que abrollaba naquela familia.

Educación Quizais sexa unha das palabras máis acaídas para rexeitar comportamentos ou actitudes que non nos convencen ou nos ofenden. Cando algo diso sucede adoitase dicir que hai moito mal educado e non falta quen  apunte que o problema ven da falta de escola.Cando volvo a vista atrás decátome  de por que, eles e elas non saudaban a certas persoas. Tarde, moi tarde me decatei e puiden entender o seu sacrificio: eles e elas sufrindo e calando.  E, xa que logo,  síntome orgulloso deles e delas polo sacrificio que fixeron. Ensináronme a pensar e a que eu fora pouco a pouco entendendo aquel pasado e buscara a verdade.   Xaora a miña mente adoita pensar e esculcar no pasado para entender o presente.

O mal comportamento da xente é por falta de escola, din algúns.

Nego rotundamente: a educación parte do berce que te abanou, da teta que chuchaches. De aí ven a educación e logo, a escola complementa. A colaboración entre mestres e familia é fundamental para alicerzar a personalidade. Persoas   respectuosas cos demais, críticas con todo o que sexa contrario  á “Carta dos Dereitos Humanos”  recollidos pola ONU,  etc.

Os comportamentos fanse visibles co trato do día á día. Un exemplo deuse recentemente no parlamento español nos debates para a investidura dun presidente.

Debate

Eu son dos que sigo os principios democráticos recollidos na Constitución, (artículo 1.2  -La soberanía nacional reside en el pueblo español, del que emanan los poderes del Estado).  Alí vexo aos representantes do grupo ó que din o meu voto, o meu poder. Alí vexo os comportamentos daquela xente escollida polos/as votantes que exercen o seu dereito, que non son todos os que teñen dereito a votar (en España o voto é unha opción non unha obriga).

Alí fanse propostas  que son aceptadas polos outros grupos ou non. Cada grupo dispón dun tempo para expoñer ou criticar as outras propostas dos rivais. Que grande é a democracia, meu deus! Aqueles homes e mulleres -non esquezamos que son os nosos representantes, e que a vida pode mudar nun ou noutro sentido-, están investidos dunha grande responsabilidade e merecen a nosa atención.

Educación Quizais sexa unha das palabras máis acaídas para rexeitar comportamentos ou actitudes que non nos convencen ou nos ofenden. Cando algo diso sucede adoitase dicir que hai moito mal educado e non falta quen  apunte que o problema ven da falta de escola.Que diferenza con aquelas cortes que nos presentaban no  NO-DO, antes de empezar a película. Aínda que o recinto era o mesmo, o ambiente era tristeiro predominando as roupas negras- ata a do bispo- que tamén tiña asento nas bancadas de onde saían as leis e da ditadura, todas elas funestas para a sociedade española (salvo para os /as que participaban daquela festa macabra que durou tantos anos).

As xornadas vividas nestas datas foron as máis vivas e trepidantes que coñecín , polo número de grupos e polas propostas. A única pexa foi a mala educación. Velaí que neste recinto da palabra, debate e entendemento, a mala educación perturba, confunde e alporiza. Os representantes da cidadanía española  non poden ser inimigos; son rivais e as palabras teñen que ser limpas. Sobran  as mentiras, as calumnias e os insultos de todo tipo.

Non se pode admitir o afogar a palabra de quen a ten con patear as bancadas e/ou interromper berrando como si dunha partida de fútbol se tratara.

Educación Quizais sexa unha das palabras máis acaídas para rexeitar comportamentos ou actitudes que non nos convencen ou nos ofenden. Cando algo diso sucede adoitase dicir que hai moito mal educado e non falta quen  apunte que o problema ven da falta de escola.O Parlamento é a Casa Sagrada da Democracia, e entrar nela é un privilexio que outorga a cidadanía.

Como reflexión

Esas e eses que demostraban un comportamento tan incívico,  non deixaron moi ben aos seus proxenitores, a menos que sexan dos que están convencidos de que a democracia perténcelles a eles. Si son deses estarán orgullosos da actitude dos seus cachorros.

Deixo moitos cabos soltos para que cada quen os ate ou os critique.

Educación Quizais sexa unha das palabras máis acaídas para rexeitar comportamentos ou actitudes que non nos convencen ou nos ofenden. Cando algo diso sucede adoitase dicir que hai moito mal educado e non falta quen  apunte que o problema ven da falta de escola.

 

 

Telmo Comesaña      xaneiro 2020

A %d blogueros les gusta esto: