"Día Internacional sobre o Ruído e Día Mundial da Risa"

Celebrouse o pasado xoves 27 de abril o Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído: Actualmente vivimos nunha sociedade ruidosa onde a xente fala demasiado alto e en moitos programas da TV gritan sobre todos nos da murmuración, isto a longo prazo é daniño para os nosos oídos. Os adolescentes soportan demasiados decibel (unidades de medida do ruído) nas discotecas, cos mp3, levan nos coches a música a todo volume, isto fai que o día de mañá queden xordos por todos os factores ambientais aos que están sometidos tanto voluntaria como involuntariamente.
Como consecuencia de todo isto cada persoa sofre de diferente xeito síntomas ou problemas relacionados coa irritabilidad, nerviosismo, ansiedade, tensión, agresividade, insomnio, subidas da tensión arterial, azucre, colesterol, problemas cardíacos, jaquecas (dores de cabeza) entre outros.
Por exemplo nos Países Nórdicos non existe ruído, nin sequera óese o choro dos nenos. Teñen mellor calidade de vida, poden escoitar o canto dos paxaros, as fervenzas, todos os sons da natureza en xeral; proporcionándolle paz e tranquilidade, cousa que na nosa sociedade estámonolo perdendo. Por iso temos que contribuír todos pola nosa saúde e benestar.

Feliz día Mundial da Risa
Cada primeiro domingo de maio, miles de persoas de máis de 65 países, rin xuntos para promover a paz e a harmonía para contrarrestar os desastres naturais, a violencia e a falta de unidade.
Nestes tempos de crises que nos tocou vivir é difícil rirnos, como di o famoso refrán: ?a mal tempo boa cara? debemos de facelo ata de nós mesmos e mirar a parte positiva das cousas.
A Risa é beneficiosa para o noso organismo tanto a nivel físico: mellora a hipertensión arterial, o colesterol, os problemas de corazón entre outros.
Tamén é moi saudable a nivel psíquico: libéranse endorfinas (sustancias que provocan en nós sensación de benestar, optimismo), dános vitalidade e enerxía, axuda a mellorar a ansiedade e depresión.
Demostrouse cientificamente que alarga a vida (máis lonxevos) e adelgaza.
Entre as desvantaxes podo mencionar as arruguitas de expresión que se poden formar, se miramos a parte positiva ata nos poden facer máis atractivos/as e interesantes.

O ano pasado neste Centrosociocomunitario de Coia, houbo un Curso de Risoterapia no que participaron persoas que non recordaban rir e puiden observalo cos meus propios ollos a súa melloría de semana en semana. Comentaban o que se perderon todos estes anos vivindo amargadas. Como di outro refrán ?nunca é tarde se a dita é boa?

Silvia (Farmacéutica)

A %d blogueros les gusta esto: