Día de Reises, agasallos para nenos e vellos
Din que os vellos se volven nenos, e pode que sexa certo, porque a min gústame xogar. Como de neno non tiven xoguetes – amañaba eu os meus chafaricos -, pero envexaba os xoguetes que tiñan algúns cativos; a outros pásaballes o mesmo ca min, mais uns e outros iamos conformándonos porque a vida situáranos nese espazo e nese tempo.
Ao longo da vida fun procurando os meus xoguetes con forma de ferramentas coas que desenrolar as múltiples actividades que ainda hoxe sigo tendo. Tamén a miña familia (dona e fillas) conscentes das miñas angurias xogueterís, votáronme un tren eléctico, e quedei como un bebé cun axóuxere. Aquel tren -que sigo conservando -, foi motivo de enredo: poñíalle trampas para que escarrilara, metíalle carga no volquete, levabaio a máxima velocidade e facíalle patinar as rodas e outras trasnadas propias dun picariño.
Hoxe, día dos reises, cando despertei lembreime do significado do día: nais, país, avos e avoas, levando aos fillos e netos, ós parques e praias a enredar cos patinetes, bicicletas, coches, patíns e trebellos futuristas, pra min descoñecidos. E, eu?
Pois eu non podía ser menos: ás dez da mañán xa estaba co meu xoguete preferido (iso é o que din as miñas fillas) unha trituradora coa que trituro os restos das podas das árbores, cepas, roseiras, hortensias e todo aquilo que serve para a compostaxe, e votei dúas horas de frenética actividade, ata quedar canso de tanto movimiento, pero satisfeito porque deixei a horta limpa, mais a ansia de triturar e limpar deume azos para seguir.
Triturei aos homes que torturan e matan á mulleres e fillos, aos pederastas e pedófilos, aos proxenetas e aos que se enriquecen a conta da prostitución, tráfico de armas, de drogas e de seres humáns.
Aos que fan as guerras, que sementan morte e desolación, desprazamentos de refuxiados e afundimento das sociedades.
Triturei aqueles empresarios, que valendose das leis represivas abusan dos traballadores máis febles.
Triturei aos que consinten os “paraisos fiscais”
Triturei aos que nos minten, no Parlamento – casa sagrada da democracia -; aos que promenten unha cousa e logo que teñen o poder, fan a contraria, chuleándose da cidadanía.
Triturei ós terrorismos, a todolos terrorismos, como o que me deixou sin pai, a min, a miña irmá, ós meus curmáns, e a miles de nenos e nenas, e levou ao pobo a unha guerra. E seguimos sin ser recoñecidos como vítimas. (Entre 15.000 e 20.000 orfos en Galicia).
Triturei aos que desprezan, insultan e abandonan aos familiares que buscan os restos dos seus familiares asasinados a partir do 18 de xullo do 1936, (disto podo dar fe. En Pereiró e Lavadores hai unha mostra macabra, e para coñecer os sentimentos da xente cando se atopan co lugar onde están soterrados, ler o xornal El País do 27 de novembro 2016, na seción, “cartas al Director”).
Triturei aos partidos políticos e xefe do Estado por non cumplir a Constitución do 1978, no artigo 10,2 de Dereitos Humanos. Desprezando os requerimentos do Relator Especial de NNUU para os Dereitos Humanos.
Triturei á Xustiza – tan axil para o que convén ó sistema, ou o partido no goberno, e tan lenta para as reclamacións das vítimas do Franquismo, tendo que recurrir a tribunais Internacionais.
Triturei aos banqueiros por meternos nas Preferenes e subordinadas, e cláusulas solo, e tamén aos que lle-lo permitiron.
Triturei ao noso goberno galego polo abandono do país que desgoberna, (non se pode gobernar si non hai obxetivos de desenrolo, con prazos e orzamentos: estanse a pechar explotacións leiteiras, están as terras sin cultivar e desertizándose, os montes seguirán ardendo porque non hai ningún proxecto para o mellor aproveitamento forestal, sin riscos de catástrofes). O que sí fixo o presidente, foi sorprendernos na precampaña eleitoral ó anunciar a súa paternidade (xa eran horas Alberto, 55 anos xa é doado ser avó), e logo dalí a uns días deuse a coñecer o nome da portadora do churumbel, 51 anos ten a dona. A vida está chea de sorpesas, e milagres hainos a cotío, e a Igrexa xa nos ensinou como o Espirito Santo procedeu coa Virxe María: nos cataqueses dicíannos que “fue semejante a un rayo de sol que pasa por un cristal sin romperlo ni mancharlo”. Descoñezo si os expertos de hoxendía serán tan hábiles como o santo espirito.
Rematei triturando ós curas, que tanto medo me fixeron pasar coa ameaza do inferno si morría en pecado mortal. Ardendo sin consumirme por toda a eternidade,sufrindo sempre…sempre… por toda a eternidade. Malditos torturadores de inocentes! Queda moito por triturar, mais non se pode facer todo así, de súpeto, deixaríamos mal aos que van amodiño para non mancarse, eles e elas precisan reflexionar e mirar para onde corren os ventos do futuro, non vaia ser o diaño que perdan a cadeira na que senta.
Remato alporizado, porque se me vota a noite enriba e ainda non felicitei aos nenos e nenas, nin aos vellos e vellas.
Un biquiño para as crianzas e unha aperta solidaria para a vellez, espazo no que me atopo.
Telmo Comesaña xaneiro 2017
Telmo: Hay muchas cosas que triturar en este mundo. Pero la pena es que por más que intentemos triturar las malas cosas, siempre vuelven a rebrotar.
Lo bueno sería, que, además de triturar y echarlo todo al fuego, (digo al fuego porque el compostaje que saliese de esos restos, no sería bueno), la mala hierba vuelve a brotar.
Y así ha sido siempre y desgraciadamente, será.
Gloria.
Afila bien la trituradora que sólo estamos en enero y aún queda mucho por delante. Según los expertos, se avecinan tiempos difíciles y de ajustes del sistema. Un sistema que, según uno de estos economistas, está acabando con sus propios ciudadanos. Algo así pasó en aquel glorioso y no tan lejano Imperio Romano. Vendrán nuevos tiempos y otros sistemas, ¿mejores o peores? Nadie lo sabe aún y menos la gente que vive honradamente de su trabajo.