Día das Letras Galegas 2014

Letras Galegas 2014Xosé María Díaz Castro naceu en Os Vilares de Parga- Guitiriz (Lugo) en 1914.
En 1931 ingresou no Seminario de Mondoñedo, onde estudou ata 1936.

Durante a súa estancia en Mondoñedo compuxo os poemarios inéditos “Follas verdes e Follas ó aire”, dos que apenas se deron despois a coñecer unhas poucas composicións en revistas dos anos 80.

En 1939, chamado polo seu amigo o tamén poeta Aquilino Iglesia Alvariño, ingresou como profesor no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa, no que permaneceu durante varios cursos escolares e dende onde escribiu os poemas longos cos que gañou os Xogos Florais de Betanzos de 1946, tanto na súa modalidade galega (Nascida d´un sono) coma na castelá (El cántico de la ciudad).

Pouco despois, en 1948, Díaz Castro marchou a Madrid, onde residiu ata a súa xubilación. Dende a capital enviou moi esporadicamente os seus textos a distintos xornais e revistas galegas da posguerra e publicou o seu único poemario, Nimbos, aparecido en 1961.

Os trinta e dous poemas que compoñen Nimbos ofrecen un notable abano temático. Neste sentido, cóntanse entre os temas principais: a reflexión autopoética, a relación entre o Home e Deus, a presenza do paso do Tempo e da Historia, ou a consideración simbólica e telúrica de Galicia.

Galicia é o referente temático de varias das composicións do libro, que irían desde a Galicia cadro costumista (en “Esmeralda”), ata a Galicia abeiro vital do poeta (en “Polpa dorida” ou “Como unha insua”), pasando pola Galicia patria asoballada que debe ser redimida (en“Penélope”ou “Borrallo”…).

A mediados dos anos oitenta o poeta guitiricense voltou definitivamente a
Galicia, onde colaborou coas súas poesías nalgunha revista do país e participou en diversos actos públicos e homenaxes á súa figura.

Morreu en Lugo a finais de 1990.

O Centrosociocomunitario de Coia-Vigo, dedicará, como todos os anos,  unha tarde a homenaxear a este autor recoñocido no Día Das Letras Galegas, en este ano o 12 de maio as 18 h. 

Mª Angeles

Foto: http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014

A %d blogueros les gusta esto: