"Día da Muñeira"

DIA 5 DE MAIO DE 2011

REBULDAINA PARTICIPA NO DÍA DA MUIÑEIRA.

Despois de corenta anos, deixo o cargo para a ESCOLA MUNICIPAL, neste día despídome de todos-as.

Retrato para a posteridade, ¡onde van os 30 – 40 e algo máis!…

Entrando na Alameda deste Vigo mariñeiro

En plena actuación, pódome equivocar, pero pensó que somos o grupo de xente “mais nova” da provincia de Pontevedra.

¡Que envexa para os nosos fillos e netos!, ¿seica eles seguirán os nosos pasos?, o tempo xa o dirá.

Ao remate da tarde, ¡estamos cansadas!, aproveitamos para “parolar”

Carmen: ¡ai meu deus!, téñome que acordare de bota-los garabanzos a remollo.
Milagros: ¿Cómo dis Maria Xosé?, eu non puxen así os brazos, seica son parva eu.
Isabel:¡ parade de pelexar carallo,! estas duas estanme poñendo nerviosa e vaime caer o gorrito.
Mª. Xoxé: ¡tedes que sorrir mais!, ¡levantar os brazos¡, outro día ides mirar como o fago eu.

Corenta anos,  son…¡moitos anos! traballando para que todo saia ben e mais ainda coa puntualidade de quen o señor Polo e merecedor,  para vostede o noso agradecemento do grupo de baile Rebuldaina.

Dolores

Un comentario en “"Día da Muñeira"

  • el 14/06/2011 a las 12:07 am
    Permalink

    Estamos finalizando o curso de baile e pandereitas no c.s. coia, quero agradecer a todas e todos componentes e colaboradores con o grupo REBULDAINA seu apoyo e cariño que nos demostran dia a dia. gracias a todos os do centrosociocomunitario de coia
    M A R I S E

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: