Descubrindo a Historia da Arte no C.S. Coia

TallerHistoriaArteportadaCando o pasado mes de Outubro se me concedeu a oportunidade de impartir o curso de Arte e Historia que se realiza no Centrosociocomunitario de Coia-Vigo, un novo desafío abriuse na miña experiencia coma docente. A confianza depositada polos seus responsables e o magnífico grupo humano que forma o alumnado fixeron deste novo reto unha experiencia totalmente enriquecedora.

Vinte clases despois, nas aulas aínda se respira un ambiente de confianza, entusiasmo e motivación que converte cada estilo artístico nun espazo de compañerismo e aprendizaxe mútua que se forxou con cada clase e a medida que construïamos a propia Historia da Arte.

TallerHistoriaArte8Este clima de participación activa e ilusión foise mantendo ao longo da dinámica das aulas que teñen por idea a de aprender desde a participación grupal e o entretemento de todos, o que converte á Historia e á Arte nun proceso comunicativo e vivo que se construe desde as propias persoas.

TallerHistoriaArte6Así pois, tratamos de seguir unha secuencia cronolóxica nos diferentes estilos artísticos. No que vai de curso temos analizado a arte grega, romana, bizantina, islámica, prerrománica e románica. Partindo sempre do contexto histórico e dunhas características xerais, tentamos achegarnos ás súas obras máis significativas. Todo isto o facemos empregando presentacións, fotografías e vídeos para facer as clases máis amenas e ilustrativas, facendo especial fincapé nas obras máis próximas nós, á nosa terra, á nosa historia.
TallerHistoriaArte5Agora que chega o bo tempo (ou iso agardamos) temos preparadas dúas saídas fóra do Centro. Para o vindeiro 4 de abril temos programada unha visita guiada a “Meirande”, o Centro de Interpretación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande, un pequeno museo situado no veciño Concello de Redondela, ao carón da Ría de Vigo, na Enseada de San Simón. Tamén temos previsto facer outra visita guiada á Vila Romana de Toralla, na parroquia de Coruxo, a única vila romana galega que está escavada integramente e pode ser visitada.
Pero isto non é todo, aínda queda moito que aprender, descubrir e coñecer. Así que se estás interesad@ hai prazas libres para unirte a nós e disfrutar todolos xoves de 5 a 7 da tarde do marabilloso mundo da arte. A nosa próxima clase tratará sobre a maxestosa Arte Gótica.
TallerHistoriaArte4¡Non dubides en unirte ao noso afán por descubrir!

TallerHistoriaArte3

TallerHistoriaArte1

TallerHistoriaArtePabloPablo González Giráldez

Fotos: Carlos Cordero

A %d blogueros les gusta esto: