Corsarios 200 anos de Vigo O xénese dunha cidade(III)

 

Imos hoxe coa 3ª entrega da historia de Vigo extractada dos fascículos de Faro de Vigo, cuxos textos corresponden ao historiador, Antonio Giráldez Lómba.

“A época dourada dos corsarios vigueses

As actividades da flota armada en corso, non só de Vigo, senón tamén de Pontevedra, Marín, Baiona e A Guarda, tiveron a súa época de maior apoxeo entre os anos 1740 e 1808.

Naque ltempo, chegaban ao embarcadoiro do Areal mercadorías tan valiosas como telas de Damasco, bacallau de Terranova, especias da India,viños de Porto, café, curtidos, tonelería, ferraxes, carbón… Só en sete anos, entre 1741 e 1748, entraron apresados no porto de Baiona 31 barcos, e no de Vigo, 61. O noso porto enchíase de animación e o ouro corría entre as mans dos mariñeiros que se enrolaban nas naves corsarias. O éxito da actividade corsaria viguesa transcendeu as fronteiras de España e comezaron a chegar ao Areal embarcacións de países amigos, principalmente francesas e norteamericanas, que trataban de facer de Vigo a súa base de operación. Pero o receo dos nosos armadores, que non querían perder a exclusiva daquel  xugoso botín, levou a que se prohibira en augas españolas as actividades corsarias de barcos que non tiveran pavillón español.

A patente de corso

A actividade corsaria non era un negocio ilegal; era a propia Coroa a que que bendicía e animaba a que se armaran buques en corso a fin de que se fustrigaran o comercio da nación inimiga, Inglaterra e a súa tradicional aliada, Portugal. España armaba buques en corso para perseguir o comercio naval dun país inimigo que, a súa vez,perseguía o comercio español.

En Vigo, recordamos especialmente las dos visitas realizadas por el corsario inglés Francis Drake a fines del siglo XVI y nuestra derrota en Rande (en 1702) contra una flota anglo holandesa y, como dice el dicho popular, robaron a un ladrón. …

Armadores e corsarios

A costa galega era paso obrigado para os barcos ingleses que voltaban cargados de mercadorías das colonias de ultramar. Xa que logo, no século XVIII, a guerra contra Inglaterra proporcionará aos armadores con patente de corso, a benquerenza para que os seus barcos aborden ás naves británicas e se apoderen das súas valiosas mercadorías. Aos vigueses que armaban barcos en corso como Salvador Pastor ou Pedro Abeleira, viñeron a sumarse empresarios procedentes da meseta como Florencio Lozano e/ou cataláns como Marcó del Pont, que armou varias naves a esta lucrativa empresa, enterados do gran negocio que supoñía facerse co botín dos mercantes inimigos. A propia Coroa pagou en moitas ocasións indemnizacións a Marcó del Pont cando este perdía barcos en refregas corsarias. . Así, bergantíns de Marcó del Pont perseguían aos barcos ingleses que navegaban xunto as costa galega e levaban as súas presas diante do comandante de mariña do porto e, satisfeitos os impostos á Real Facenda, eran liberados.

Buenaventura Marcó del Pont

Este señor foi o primeiro dunha larga nómina de cataláns chegados da Costa Brava que acabaron asentándose no barrio do Areal. Sen temora equivocarnos, podería dicirse que Marcó del Pont foi o primeiro capitalista da nosa cidade. Extremadamente hábil nos negocios, amasou unha gran fortuna tanto nas exportacións de sardiñas salgadas como a súa actividade corsaria”.

A vida de hoxe en día aseméllase moito á daqueles tempos. Os corsarios actuais non precisan barcos, cos bancos teñen abondo.

A próxima entrega continuará con outro relato da nosa historia. Vigo agocha moito por descubrir.

Telmo Comesaña  decembro 2018 .