Convocatoria concurso de carteis

O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o CONCURSO DE CARTEIS Non o Ignores, non o xustifiques, non o escondas, día Internacional contra a violencia de xénero.

Este concurso pretende concienciar a toda a sociedade acerca da violencia machista e fomentar unha maior implicación social para que non se esconda, non se escuse e non se ignore a violencia de xénero.

O obxecto do concurso é a creación dun cartel que se empregará na campaña de concienciación contra a violencia de xénero. Todos os carteis presentados versarán sobre a violencia de xénero, para iso deberán terse en conta os distintos tipos de violencia de xénero que están a sufrir as mulleres: física, psicolóxica, sexual e o control económico, entre outras.

Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos.

Cada participante só poderá presentar unha única obra, coa condición que esta sexa orixinal e inédita segundo a lexislación vixente, e que non fose presentada con anterioridade noutros concursos.

Calquera técnica é válida para a realización do cartel, condicionada unicamente a que esta permita una correcta reprodución fotomecánica. Os traballos serán presentados en soporte dixital, xunto cunha copia do traballo en soporte impreso. O soporte impreso será vertical e tamaño 40 x 55 cm, presentarase suficientemente protexidos e montado sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición.

Outorgarase un único premio en especie composto por un lote de libros e/ou obxectos artísticos valorados no seu conxunto en 600 €.

Como criterios para elixir o cartel gañador terase en conta tanto a calidade artística da obra e a orixinalidade como a súa eficacia como elemento para transmitir valores de igualdade e de non violencia contra as mulleres.
O prazo da admisión de obras comeza o día 8 de setembro de 2010, e finaliza o día 28 de setembro de 2010.

O premio único poderá ser declarado deserto polo xurado do concurso. De estimar o xurado que ningún dos traballos presentados resultase adecuado para ser o cartel anunciador oficial do día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Vigo resolvería polos seus propios medios a edición do mencionado cartel.

As bases do concurso están a disposición das persoas interesadas na web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org

Máis información no Tlf. 986 810 284

Internet

Germán

A %d blogueros les gusta esto: