Convocatoria certame microvídeos 25 Novembro

O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o CONCURSO DE MICROVÍDEOS: Non o Ignores, non o xustifiques, non o escondas, con motivo da conmemoración do día Internacional contra a violencia de xénero.

Este concurso pretende concienciar a toda a sociedade acerca da violencia machista e fomentar unha maior implicación social para que non se esconda, non se escuse e non se ignore a violencia de xénero.

O obxecto do concurso é a creación de microvídeos en lingua galega que non excedan de 3 minutos de duración. Todos os microvídeos que se presenten a concurso tratarán sobre a violencia de xénero, podendo ter en conta os distintos tipos de violencia que están a sufrir as mulleres: física, psicolóxica, sexual e o control económico, entre outras.

Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos.

O prazo da admisión comeza o día 4 de outubro e remata o día 31 de octubro de 2010.

As bases do concurso están a disposición das persoas interesadas na web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org Nesta mesma paxina habilitouse un espazo web para que as persoas que desexen participar suban os microvídeos e realicen a inscrición.

Máis información no Tlf. 986 810 284
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082
www.igualdadevigo.org

Germán

A %d blogueros les gusta esto: