Contra o terrorismo machista

unnamed2

 Contra o terrorismo machista o martes pasado centos de persoas manifestaron a súa repulsa en Vigo, entre as e os asistentes moitas caras coñecidas, usuarios e usurias destre centro.
A continuación o manifesto que se leeu no acto.

Hoxe estamos de volta aquí para denunciarmos as violencias na Galiza, mas tamén para recordar que no que vai de ano foron asasinadas 102 mulleres no estado. Na Galiza foron 6 as mulleres asasinadas, mulleres que hoxe estarían nas súas casas, nos seus traballos, coas súas familias e amizades. E non están porque foron aniquiladas polos criminais machistas.

Ana Enjamio e Elena Mihaela Marcus foron asasinadas polas súas ex-parellas. Foron asasinadas só por seren mulleres e tropezarem cun home machista na súa vida e a sociedade non pode nin debe consentir máis malos tratos, máis asasinatos machistas. Porque a humillación, os insultos, o control e a manipulación dun maltratador non deben ser toleradas.

A violencia machista é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e a pasividade das institucións e da sociedade ante as mulleres asasinadas desesperannos… Onde está a indignación social, política e mediática?!

Seica estamos demasiado afeitos e afeitas a que un exmozo, exmarido, noivo, marido ou coñecido mate unha muller? Será que se normalizou o feminicidio? Como pode unha sociedade que se di «avanzada» pensar que é natural que os homes anden a asasinar ás mulleres?

unnamedDende o movemento feminista denunciamos:

– que estes asasinatos teñen un nome: feminicidio e que se producen no marco desta sociedade machista e patriarcal na que as mulleres somos agredidas polo feito de o sermos.

– que a violencia contra nós vese intensificada polas medidas de recortes en políticas de igualdade do goberno misóxino do Partido Popular. Non queremos minutos de silencio, queremos recursos e medidas concretas para rematar cos asasinatos machistas!!

– denunciamos os modelos de masculinidade e feminidade hexemónicos e tradicionais que son parte da estrutura que produce a violencia machista. A educación patriarcal que adoutrina ás criaturas mediante pautas que preparan ás mulleres para sermos submisas mentres a eles se lles educa en valores de forza e dominio sobre todo o que lles rodea.

Segue a se por o foco nas vítimas e non nos culpábeis, séguesenos a obrigar ás mulleres a ter coidado co que facemos e non se lles ensina a eles a non violar, dubídase da nosa palabra aínda cando van 102 asasinadas no que vai de ano e as mulleres violadas e maltratadas medran cada día ante a mirada impasíbel do goberno e da sociedade.

– denunciamos o rol dos medios que contribúen á normalización do feminicidio. A información sobre os asasinatos machistas abordanse coma se dun accidente ou un feito casual se tratar e a situación é tan surrealista que segundo a maioría dos medios as mulleres aparecemos mortas. Pois non, señores e señoras da prensa, non aparecemos mortas como se dun andazo de gripe se tratar, somos asasinadas: a-sa-si-na-das! Cumpran dunha vez cos protocolos que teñen asinado sobre o tratamento da violencia machista.

20161220_200157-1O movemento feminista galego sae hoxe máis unha vez á rúa para berrar que estamos desesperadas, cansas, indignadas, fartas… de sermos agredidas, violadas, asasinadas e un día destes a nosa rabia será imparábel!!

Porque as mulleres non somos cidadás de segunda. É tempo de organizarmos a resistencia feminista, tomemos as rúas e paremos o terrorismo machista. Adiante a loita feminista!! Se tocan a unha, respostamos todas!!

Manifesto da Rede de Mulleres

Un comentario en “Contra o terrorismo machista

  • el 24/12/2016 a las 3:09 pm
    Permalink

    Ojalá no hiciese falta un manifiesto como el que acabo de leer porque ya no pereciese una mujer más a manos de su pareja o de un hombre que quiere controlarla.

    Pero, desgraciadamente, este manifiesto es necesario. Y lo que es más necesario es que llegue a quienes puedan atajar estos comportamientos, a aquellos que con sus leyes, su educación y su condena puedan lograr que no siga habiendo una mujer asesinada más.

    Gloria.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: