Concurso Literario: “O Galego É noso” Berte vai á escola

Berte vai á escola

Berte estaba moi ledo, ía ir á escola por primeira vez.
Xa adeprendera as vogais co seu pai. Tiña 7 anos, era longo e delgado, de cabelo claro e ollos azuis que herdara da súa nai.
Era fillo de labregos e vivía nunha casa de campo con leiras ò redor, que os seus pais traballaban.
Tiñan galiñas, pavos e unha cabuxa. Co seu leite facían queixo. Na horta sementaban patacas, millo e berzas para manter os animais.

O pai era alto, forte, de cabelo e ollos castaños. Traballaba na cidade e cando chegaba á casa tronzaba leños para ter o unllar cheo e quentar a fría casa de pedra no inverno.

A nai de Berte era delgada e de mediana estatura. Tiña o cabelo loiro e longo e facía unha trenza que logo enroscaba no curuto facendo un moño.

Aquela noite Berte soñou coa escola, na que faría moitos amigos e pola mañan espertouno unha raiola de sol que se filtrou pola fiestra. Ollou para o reloxo que marcaba as 8:30, ergueuse da cama, botou auga no lavabo e mollou faciana, orellas e pescozo. Estaba a secarse cando escoitou á súa nai que o chamaba e o ruído dos trebellos da cociña. Entón rematou de vestirse e baixou a escaleira para ir a almorzar.
¡Moi ben rapaz! ¡Xa es un home, non tes preguiza para te levantar! Díxolle a nai. Logo, Berte púxoa súa carteira nova ó lombo. Ía de estreno. Deulle un bico á nai e marchou cheo de Ledicia. Mal sabía él que ia voltar chorando.

Cando chegou á escola , o Mestre lle ensinou o seu pupitre e Berte viu a tódolos rapaces a ollar para él. O Mestre díxolle: vives un poco lejos para venir andando, ¿no?
Non, non é moi lonxe e a min gústame camiñar, dixo Berte.
Botaron todos a rir, porque os demais non falaban galego.
No recreo pagou a novatada.
¡Eres un patán! Díxolle un. E tombouno no chan.
¡Levántate y pelea si no eres un cobarde!
Berte non se atreveu porque todos se rían del. Ergueuse e baixou a testa contendo as bagoas. Non quería que ninguén o vise chorar. Entro una escola e o Mestre deuse conta do que lle pasara e díxolle:
¡Tienes que aprender castellano!
Berte non respostou. Él quería falar coma os seus pais.
Ó cegar a casa díxolle á nai que non ía mais a escola.
– Entón ¿Qué che pasou?
– Rinse de min porque falo galego. ¡Eu quero que me ensine Papa!
– Iso non pode ser. Teu pai non é Mestre e se o sabe vaite castigar.
¡Xa sabes que o teu pai non anda con xoldras!
Pola tarde foi de mala gana á escola e estivo sempre coa cabeza baixa sen ver a ninguén.
Ó día seguinte pola mañán faltou a escola, baixou a congostra para ir ó río, o seu recuncho favorito. Sentouse na beira do río coas mans apoiadas nas tempas e a cabeza metida entre os xeonllos. Imaxinou que nas pelexas tumbaba a tódolos rapaces. Estaba no mellor cando escoitou á súa nai a chamar por él. Como tardaba en cegar, a nai supuxo que estaba no río.
Subiu a congostra de vagar e ia pisando as follas secas das árbores, que triscaban debaixo dos pés.
– ¿É agora que vai pasar? Pensaba.
A nai non lle rifou, díxolle con agarimo: xa sei que estas a pasalo mal. Asegúroche que co tampo todo a pasar e serás un home de ben, porque eres un bo rapaz.

Candela

A %d blogueros les gusta esto: