Conto: réxime vexetariano

otonoancianos1

Xián era un home bó e xeneroso, amigo dos amigos e,forte como o cañoto dun carballo vello. Andou polo mundo adiante traballando onde lle saira; sabía moitas cousas e tamén de moitos oficios, e de xentes de mar e de terra. Cando sentou a cabeza voltou a terra e adicouse a súa afición preferida: o agro e o gando eran as súas paixóns…e os amigos.

A súa casa era o lugar das tertulias

A súa casa era o lugar das tertulias onde non faltaba o xamón e o viño tinto. Xián contaba histórias das andainas da xuventude e, algunhas parecianes axeradas, pero contabaias tan ben que engaiolaba .Algún dicían que era un mentireiro, mais eu coido que non, ainda que fora unha fantasía él daballe vida, e resultaba tan ceibel como si estuveras á ler unha novela,,a súa novela. Ouh! que ben se pasaba palicando e compartindo xamón e cuncas de viño tinto.

http://www.escueladecatas.com/jamon-y-vino-sugerencias-de-maridaje/Os anos ían pasando e a Xián ías elle notando que o tempo non pasaba en balde. Un día a filla –profesional da medicina – dixolle: @pai, tes que ir ó médico@.El non se deu por enterado e deu media volta e liscou, mais outro día, a filla puxoselle diante e voltou a dicirlle ,con voz máis firme, pai, tes que ir ó médico, e daquela Xián abrandou e fixolle caso a filla.

Consulta
O médico xa o coñecía e él ó médico tamén ainda que nunca fora a consulta. Chegou alí un pouco nervoso e sin saber o que lle ía dicir, pero a solución foi que, o profesional ,empezou a palicar con el como si falaran a cotío, e cando xa estaba relaxado, comezou o galeno a facer preguntas: entón que che doi Xián,qué é o qué te amola
-Pois a min nada, foi a miña filla que me dixo que viñera e,doer,doer non me doi pero esta perna tírame un pouco, e ás veces o corazón vai moi de presa, pero de seguida xa volta “ó rego”.

http://images.freeimages.com/
http://images.freeimages.com/

O médico xa se decatou que tiña o camino aberto para a consulta, ainda que xa coñece algunhas doenzas do paciente. Bueno home bueno, ímos ver a tensión e o pulso,o proceso xa está en marcha. Uf! a tensión está fora de sí, tes 190/10,e iso é moi perigoso, pode darche un derrame e morrer ou quedar eivado po resto da vida; vou receitarche unhas pastillas e tomas una pola mañán e outra pola noite, e vas facer unha analise e dentro de dez días voltas a ver o resultado.
Xián saíu dalí abraiado e sin dar creto do que lle pasaba, parecialle imposibel que tuvera  cousa tan ruín. Na casa non contour en, tampouco ninguén lle preguntou.

Consulta (dez días despóis)

A chegada a consulta xa foi cousa normal, xa tratara co médico e entenderase ben con él. Despois dos saúdos protocolarios o doutor, con cara de preocupación dixolle: Xián, estás moi mal, a analise di que tes o colesterol moi alto, o ácido úrico tamén fora de sí,o PSA ,moi alto, e todo isto temos que saber de onde che ven. Imos ver.e comezáron as preguntas: -miras ben? –Psssch,xa mirei mellor, pero ainda me amaño ben. –Tes bó oído?– si oh! ainda que na casa dinme que estou xordo,pero son elas que falan moi baixo. Mexas ben? Si, ainda que teño que facer un pouco de forza ó empezar. O doutor segue a dicirlle o perigosos que son os problemas que ten, e interesase pola alimentación. Imos ver o que comes e o que bebes. -Pola mañán, tomas café con leite?  Non oh,unha cunca de caldo ou un anaco de touciño que quedara por alí e, un grolo de viño. E o xantar? –Pois o xantar o que pon a muller enriba da mesa e unha ou dúas cuncas de viño, según a comida. -E a cea? – Pois o mesmo que ó xantar. -E despois do xantar non toma café? – Home claro que sí, o café e un copo de augardente non se poden pedoar.-E entre comidas toma algo?–Pois vera doutor, si veñen amigos, pois uns tacos de xamón e uns chourizos, e unha ou dúas cuncas de viño, e si a latricada vai de vagar podemos rematar con un licor café ou unha de herbas.

http://nito-lamurga.blogspot.com.es/2012_06_01_archive.html
http://nito-lamurga.blogspot.com.es/2012_06_01_archive.html

O doutor faloulle con severidade e dille que conpre un tratamento de pastillas e un rexime vexetariano: verdura, moita verdura, e dentro de tres meses outra analise para ir controlando a mellora. Xián sae da consulta estarrecido e leva un feixe de pastillas que xa non sabe para que son.

Consulta (tres meses despois)

http://recetasdekocina.blogspot.com.es/
http://recetasdekocina.blogspot.com.es/

O médico non dá creto, a analise é semellante o anterior, e non sabe por onde comenzar as preguntas, ata que se repón e dille :vostede non fixo o que lle mandei. Xián puxose colorado e preguntou :e vostede porqué o sabe? – Pola analise dixolle o doutor, e seguiu, dixenlle que comera verdura, moita verdura, entón Xián atallouno e dixolle: si señor moita verdura pero comida reciclada. O galeno nunca tal oira tal cousa e perplexo preguntoulle:-cómo é iso de reciclada? –Pois mire doutor: primeiro din aó porco e logo comino eu.

Texto / Telmo.

Fotos / internet