Conto: A que se queixa é a burra

creator-602533_640Polas selvas do planeta terra foise correndo a voz entre os animais o descontento de moitos deles co Creador, polas moitas eivas que tiñan e non lles eran recoñecidas. O descontento deu tanto que falar que chegou ó Señor; a ocupación do supremo non tiña tempo libre para ocuparse dos animais porque tiña que resolver a desfeita dos humanos que se ensarillaban por calisquer liorta, mais o clamor animal foi tan forte que o Supremo botou man do santiño protetor dos animais para intermediar, e mandou ó santo Antoniño para asegurarse de cal era o o motivo das queixas.

O creador tomou en serio o problema e mandoulle o seu subalterno que reunise a todos que tuveran problemas para tratar diretamente con eles.

Unha vez reunida a poboación queixosa apareceu o Deus creador – que non lle fixo falla pousarse na terra porque Él está en todos lados – e comenzou a preguntar:

south-africa-163059_640Ó primeiro foi o elefante que estaba inquedo e sacudía atrompa e as orellas, e Deus preguntou: dime de qué te queixas O elefante dixolle que tiña dúas cousas que non aturaba: as orellas, que o pasar entre as arbores tropeza coas polas rotas e mancase, e a trompa que é moi pesada e faille andar coa cabeza baixa.

O Señor falou e dixolle: fixente grande para que destacaras sobre os demais, as orellas son para refrixerarte cando hai moita calor, e a trompa para que poidas levar a comida a boca, beber, arrincar o que che estorba e darlle unha trompada a quen te magoe; o animal quedou satisfeito e liscou movendo as orellas e o rabo.

giraffe-1471010_640Detrás estaba a xirafa que non estaba conforme co pescozo tan largo e as patas tan altas dicía que tropezaba coas polas e fería a cabeza e o pescozo e cando paría tiña que ter coidado para que non se lle romperá a cría o caír o chan.

A solución foi fácil para o creador que dixo: eres un animal fermoso, todos teñen que levantar a cabeza para mirarte, e para comer tes todo que está a túa altura e que ningún outro pode disputarcho; estou satisfeito de como te fixen. O animal sentiuse tan gabacha que miraba aos demais de esguello.

african-lion-951778_960_720Detrás apareceu o león furioso, deu un forte ruxido e dixo: esta lan que me puxo arrelor do pescozo molestame moito, dame calor e os abillóns metenseme mela e cabreanme.

O Señor gabouno moito e dixolle: eres o rei e cando ruxes e te pos alporizado todolos amimais se poñen inquedos, porque saben que ninguén pode ser como eres ti, pero verás meu león: ser rei leva que ser distinguido, fixate que os reis humanos levan unha pesada coroa na cabeza e a ti, puxenche o distintivo no pescozo, eres o meu orgullo. O león revirou e voltou a ruxir para demostrar a súa condición de rei.

donkey-1331521_640Detrás viñan outros animais, mono, serpe, etc, pero xa viron que a cousa era ir conformándose co que tiñan, mais o Santo Antoniño ollou a un burro que non estaba na ringleira, caladimño, co seu atributo de macho descolgado e sacudindoio duna outro lado, como si fose o badallo dunha campá; de cando en vez vaixaba e subía una orella e co rabo sacudía as moscas. E aquel sér humilde, non se queixaba, entón o Creador falou e dixolle: meu pacente burriño, que queixa tes?, e o animal despois de pensalo un pouco contesto: Señor, eu non me queixo, a que se queixa é a burra.

Texto: Telmo Comesaña

3 comentarios en “Conto: A que se queixa é a burra

  • el 29/07/2016 a las 2:58 pm
    Permalink

    ¡Muy divertido, Telmo!

  • el 04/08/2016 a las 9:40 am
    Permalink

    Telmo, polo menos se acordou do “mal” que padecía a sua compañeira. Podía decir “eu estou como un dios, e os demáis que se joxxx”, literalmente.
    Enhoraboa pola parábola. Agardamos a seguinte. Apertas. Rosa

    • el 06/08/2016 a las 8:42 pm
      Permalink

      gracias polo apoio de gloria e de Rosa.
      Inentarei continuar a tarefa
      telmo

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: