Concurso: “Mulleres que deixaron pegada na túa vida”

Marcha Mundial de MujeresParticipa

Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, a coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo convoca o concurso “Mulleres que deixaron pegada na túa vida” co fin de amosar as achegas que as mulleres fan a cotío á vida de outras persoas.

O concurso consiste en que cada participante reflexione sobre as mulleres que máis influíron ou inflúen na súa vida, na súa forma de ser ou pensar, etc. e que nos achegue unha foto e un texto explicativo que poña en valor a esa muller que tivo esencial importancia na túa vida.

Bases:

Poderán participar mozas e mozos. As obras presentadas deberán ser  orixinais e inéditas.

As obras que se presenten no concurso deberán estar en lingua galega.

Todas as obras pasarán a ser propiedade da M.M.M., reservándose esta o dereito de publicalas, facéndose sempre mención ao nome da autora ou autor.

As presentes bases difundiranse a través dos medios de comunicación local e estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web da MMM: http://www.feminismo.info/

As obras entregaranse na Casa Das Mulleres (rúa Romil, 20, Vigo) ou remitiranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: 8demarzoconcurso@gmail.com (cubrindo a ficha de inscrición que abaixo se achega).

O prazo da admisión das obras finaliza o 1 de marzo do 2013

Premios

Só hai un único premio de 150€ (cento cincuenta euros).

No caso de empate o xurado valorará un accésit.

Xurado

O xurado estará formado polas compoñentes da Marcha Mundial das Mulleres.

Outorgamento do premio

Se fará ao remate dos actos do 8 de marzo de 2.013

Tratamento dos datos de carácter persoal — Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro

Ficha de inscrición

Nome e apelidos:

Idade:

Teléfono:            Correo electrónico:

Información que nos remitió dicha Asociación.

A.G.

A %d blogueros les gusta esto: