Concurso Literario: “O Galego é noso” Senén, Uxía e o papaventos

Senén ten sete anos, é moreno de ollos castaños e moi espelido. Uxía ten seis. É loira de ollos azuis. Semella un sarillo, nunca está queda. Antón, o pai deles agasallou a Senén cun papaventos que él mesmo fixo. Uxía carpía porque ela quería outro. Está ben, dixo o pai. Imos facer outro entre os tres e así aprendedes a facelos. Foron xunto a nai, Maruxa que lles deu uns retais de tela. Colleron unhas tesoiras, cola, canas e cordel e comezaron a traballar dándolle a forma dunha bolboreta. Pegaron as canas e as ataron con un cordel moi longo para que logo voará moi alto. Os dous estaban abraiados do ben que quedou. O de Senén tiña forma de paxaro.
Moi ledos correron ó carón do mar para botalos a voar. ¡Uxía! Dixo o pai, enrola ben o cordel na man para que non se solte. ¡Sí, sí papaíño! Pero estaba tan nervosa que o papaventos soltouse e comezou a voar. Uxía chorando, berraba: ¡A miña bolboreta, A mina bolboreta que escapou para o ceo!
¡Non chores! Díxolle o pai, xa che farei outro.
¡Non, non! Eu quero o meu. Estaba Uxía ollando para o ceo cando viu un globo que baixaba lentamente ata pousar na praia. O dono do globo tiña o papaventos na man. Uxía, que o viu, berrou: ¡A miña bolboreta, a miña bolboreta! Así que é túa, dixo o dono do globo, pois tiveches sorte de que a atopara eu.
¡Graciñas, graciñas! díxolle Uxía ó home do globo. Imos facer unha cousa, dixo o home. Xa que non podedes voar nos papaventos, se queredes podedes dar unha volta en globo. ¡Sí, sí papaíño! Dixo Uxía, Senén e mais eu queremos ir en globo. ¡Está ben! Dixo o pai imos dicirllo a túa nai. Pode vir ela tamén que cabemos todos, dixo o dono do globo. ¡Qué ben, qué ben! Dixeron os rapaces. ¡Imos voar coma os papaventos! E todos ledos subiron o globo, o pai, a nai e os nenos. Aquí remata a historia dunha familia feliz.

Candela

A %d blogueros les gusta esto: