Concurso Literario: “O Galego é noso” Pensamentos dunha muller

María era unha muller que sempre se dedicou aos demais. Esqueceuse dela mesma. E un día decidiu vivir a súa realidade. ¡Xa estaba cansada!
Vivo nun mundo onde non me valoran- díxose a si mesma- pero eu se que sempre fun loitadora, quixen ser libre. Estiven rodeada de moita xente. Fun amiga das miñas amigas.
Loitei por axudar aos demais dando o pouco que tiña. Sentíame feliz nun mundo onde a verdade era ficticia. Descubrín que os meus peores inimigos eran as mulleres.
E a pesar de todo síntome realizada, a gusto comigo mesma, con todo o que vivín, aínda que resulte estraño .
E continuou cos seus pensamentos:
Esixíronme ser boa amante, mellor esposa, estar sempre guapa, en casa e no traballo……..
Demostrar sempre que eu valía, que era eficiente en todo.
En definitiva, unha especie de puta legalizada.
E el sempre estivo guapo, coa súa barriga, coa súa calva e fronte ampla. E mirou a foto do seu home amado..
Preparou e deu renda solta ao seu vicio máis apetecible: unha gran torta de chocolate, sen importar nada, nin sequera as calorías.
Chegaron os netos.
Para ela era coma se todo volvese empezar.
chegara a Primavera.
Pensou : ¿E agora quen limpará todo…?
Pero rapidamente dáse unha resposta tallante, sen dubidalo di: Aquí queda, márchome a vivir, a seguir adiante..
María seguía avanzando no seu gran desexo de ser feliz, de ser ela mesma, a pesar de todo e de todos.
Vivía nunha casa grande e cun xardín cheo de flores. Á beira dun río, nun lugar fermoso.
Había montañas onde o sol escondíase, misteriosamente, a diario….
Pola noite escoitábase o aullido dos solitarios lobos.
A casa ten grandes fiestras, como os ollos de María.
Tamén unha cheminea por onde escapa o fume cada inverno.
O gato branco pasea silencioso ou mira a través da fiestra, como o marido de María.
Todo era idílico, amigable, limpo, case perfecto, menos os pensamentos da protagonista……..

Fodo— A COCTELERA.
Taller de Letras de Teis.
Abril– 2011

A %d blogueros les gusta esto: