Concurso Literario: “O Galego: É noso” Historias do ma encontro e o móbil como arma.

Son historias onde o teléfono móbil é o protagonista. Instrumento que alcanzou o seu máximo “ma encontro”, entre as pescantinas da Ribeira que cando soaba a súa chirriante son, apresurábanse a responder dicindo : “ma encontro na lonxa”.
Pero todos temos nosos “mancontros” en canto soa, a modo de condicionante de reflexos, o popularisimo son do telefonito:
PRIMEIRO MACONTRO.
Siiiiiiiiii, ma contro na igrexa e non podo falar-pero se segue falando-É que é o funeral dun parente do meu marido. E oimos a voz do cura eloxiando ao home: bo e xeneroso, amable. Unha risita malvada da “macontro” que nos comenta este pequeno detalle: ¡Vaia cura mentireiro! O seu Xefe vaille a pedir contas.
SEGUNDO MACONTRO.
Estamos en plena misa de Pascua, coméntanos Carmen. Soa o móbil e a “macontro” cólleo rapidamente. Vaise ao fondo, fala un ratito e volve ao seu asento sen inmutarse. Os fieis mírana como a unha apestada pero perdoan e aguantan. Pero volve soar o mövil e a tenaz “macontro” vólveo a coller, sen remordimientos.
TERCEIRO MACONTRO.
Sufrido condutor no aeroporto da T4. Avisan por megafonia que o voo que el está esperando chega con atraso. O noso home intenta respirar profundamente para acougarse. Soa o móbil que el colle coma se fóselle a vida niso: Oe agarimo procura non tardar moito que a cea estase arrefriando-di unha ingénua voz.
CUARTO MACONTRO.
Esposa un pouco insegura que pregunta todo: “Macontro” co do butano e non podo falar. Pregúntame que se a mete dentro. que dis ti?.
QUINTO MACONTRO.
O esposo que conta via móbil-esta historia á súa filla, da xeración NINI: Macontro na estación de Vigo. Aínda falta para que salga o tren. Así que che vou a contar unha historia para que aprendas. Oín falar que en tempos, non tan afastados, ás mulleres non llas deixaba ir á Universidade. E algunha tivo a valentia de cortarse o pelo, enganar a todos, para conseguir estudar. Pero a moza Nini pártese o cu de risa porque ela xa ten o pelo curto.
SEXTO MACONTRO.
Estamos co personaxe que vive fóra da realidade porque viu tantos culebróns, novelas e fotonovelas, que xa non distingue nada:
“Mamá macontro cun grupo de xente. Hai un tio chachi, libre, simpático, enxeñoso, detallista, san de peto e de corazón. Creo que se fixou en min”. Ante semellante alleamento a nai vólvelle a prohibir use a súa IPD onde garda as historias de Gran Irmán.
VARIOS MACONTROS.
Soa novamente o móbil na igrexa. Rapidamente escoitamos o “macontro” no funeral de Luís: “Non sabes como o está pondo o cura, polas nubes. Hai que ver co lercho que era. A viúva chora como unha Magdalena, supoño que de alegría”. Por suposto toda a Igrexa se enteiro da conversación .
Pero se esa fastidiosa e charramangueira musiquita que pomos aos móbiles soa cando un “macontro” sensible está nas Illas Cies, debería dicir algo así como: “Por favor non me chames mais, estou deleitándome coa paisaxe e non quero distraerme con nada”.
Tamén hai encargos : “mancontro nas Travesas. Si, non che preocupes, xa che collo o teto. Claro que vou ao Alcampo!
Pero se pararon a pensar o que sucederia se o “mancontro” mórrese, vai ao ceo e pasa isto: “Estou no ceo negociando con S. Pedro pois me trouxen o movil comigo, esquecinme de deixalo na terra. E aquí ata Deus está cabrero”.
Yconcluimos con a muller concienciada, sensible e incomprendida: “macontro nunha invasión sonora. Están soando 5 móbiles á vez. É terrible ou ruído. Pregúntome que pasaria se todos quitámoslle ou son ou noso móbil…………..”

FODO. GRUPO DE LAS Y LOS TÉS.

A %d blogueros les gusta esto: