Concierto aniversario de “Vagalume”

Vagalume1

O próximo día 20 de maio a partir das 17,30 h., realizarase un concerto con motivo do 10º aniversario do grupo do noso Centro Social, “Vagalume”,  onde ademais de escoitar as súas cancións, contaremos con outras interesantes actuacións.

Ninguén mellor que “Vagalume”,  para representar o espiritu do “Día das Letras Galegas”,  que este ano está dedicado ao poeta Uxío Novoneyra, do que nos facemos eco en noso Centro, a través de paneis donde se conta a su obra.

E para coñecer mellor ao grupo “Vagalume”,  quixemos falar coa súa monitora Pilar,  para que nos comentase cousas do grupo e así lle preguntamos:

Canto tempo leva o grupo cantando?.- Levamos máis de 10 anos de actuacións e actuamos ademais do Centro Social de Coia, en Colexios e Residencias de Maiores, sempre de forma altruísta.
Como xurdiu a idea de formar o grupo?.- Para pasar uns momentos xuntas e charlar das nosas cousas, ademais de lembrar aquelas cancións das nosas avoas, para que non se perdesen no esquecemento. Outra cousa á que lle dou moita importancia, era cantar tamén cancións de autores, prohibidas desde hai moitos anos e que só se podían cantar na clandestinidade.
Por que son só mulleres as compoñentes do grupo?.- Ao xurdir a idea entre un grupo de amigas, non sentimos a necesidade de buscar voces masculinas, co fin de non alterar a nosa forma de cantar.
Pertenciches antes a outros grupos?.- Si,  estiven nunha coral do barrio durante 15 anos e esa experiencia serviume para formar posteriormente este grupo. Teño que destacar de “Vagalume”  o bo ambiente que desde sempre tivemos e o compañeirismo que temos en todo o que facemos.

Pois moitas grazas por contarnos cousas do teu grupo e que dentro doutro dez anos, teñamos a sorte de vernos para escribir sobre o voso grupo na nosa Revista Dixital do Centro Social de Coia.

Carlos Cordero

A %d blogueros les gusta esto: