Concerto. Viena, 1 de xaneiro do 2017

Non era miña idea escribir sobre temas musicais, xa que eu non teño formación nesta maravillosa disciplina; dito doutro xeito: son un amante da música e, fágome acompañar dela cando leo ou escribo, nun ton baixo para poder compaxinar ambalas dúas actividades.

Nos anos de escolarización, 1940-1948, a única música que oín foron os diesires dos funerais e dos enterros, e as cancións das novenas e das procesións: estas eran as máis variadas, dependía da celebración que se tratara: as do Nazareno eran luctuosas, as do Corazón de Xesús eran de exaltación dos valores patrio-relixiosos  e desprezo e ameaza aos países ateos e pervertidos como Francia e Inglaterra (España era a reseva espiritual para recristianizar Europa), e as da Virxe dependía si era do Carme, do Amor Hermoso ou da Agonía, que se acomodaban o titulo da devandita imaxe.

Como daquela todo estaba censurado a diversidade era pouca, e rezar era o importante.

Co devalar dos anos as cousas foron cambiando  e nas festas e nos bailes as orquestras tiñan un vocalista, e nas tabernas tamén se cantaban cancións galegas  e casteláns. Malia que as posibilidades eran cativas funme aficionando a escoitar música na radio, e máis tarde as cintas e os discos de vinilo. Aí foi cando empecei a valorar a música clásica, e porén o concerto do primeiro de ano é de obrigado cumprimento, porque ademáis revivo un concerto nese mesmo lugar hai uns oito anos no mes de xuño.

Nunha viaxe organzada por Austria:  aterramos en Munich e dalí fomos a Insbruk, primeira cidade do percorrido de nove días; a segunda foi Salzburgo e o remate Viena, na que estivemos tres días.

Viena é unha cidade fácil para desprazarse e para visitala  hai que estar ben organizados porque o turismo é intenso e as visitas aos museos e pazos son guiadas e co tempo controlado, pero compre visitala. O derradeiro día foi cando nos anunciaron que tiñamos unha sorpresa; eu nin pensaba que a sorpresa puidera ser un concerto no pazo da música ofrecido pola Philarmónica de Viena. E aló fomos – Cándida e mais eu- como si despertaramos dun soño:entramos cedo e fomos coñecendo o interior do edificio ata chegar a sá: tocounos da metade prá diante e ao carón do pasillo- lugar inmellorable – as cadeiras son austeras pero moi ergonómicas – nada de butacas-, coa vista fomos ollando o impresionante  teito, que só o coñeciamos dos planos televisivos dos primeiros de cada ano, máis agora estamos debaixo del, e impresionan as lámpadas penduradas do teito, cheas de luz, os anfiteatros e o monumental órgano. Só había dúas cousas diferentes: os músicos vestían de época e faltaban as frores, mágoa! As frores son o complemento daquel conxunto maravilloso. O concerto tivo dous tempos co descanso intermedio e ramatou – non podía ser menos – con dous bises e a marcha “Radezky”.

E xa que logo, pódese entender o importante que foi para min e a miña dona aquela viaxe por Austria, con un remate feliz.

O domingo cando estaba diante do televisor, pensaba o importante que debe ser para un músico actuar nesta “capela sixtina” da música, e figurome o que poido ser para Carlos Núñez interpretar nese esceario a súa  excelente  música.

Alí só teñen praza os xenios, e Carlos é un deles.

Fixeime moito no xoven director venezolano. Coido que merece un puesto no Olimpo.

Telmo Comesaña.  Xaneiro 2017

2 comentarios en “Concerto. Viena, 1 de xaneiro do 2017

  • el 06/01/2017 a las 7:14 pm
    Permalink

    Me gustan mucho los artículos de Telmo. Tuve oportunidad de conocerlo en unas conferencias sobre la vida en los años 40 a los 60 por cierto muy interesantes.
    Puedo imaginarme a ese niño escuchando música en la iglesia como único referente musical. Muy bien traído el preámbulo al concierto de Viena.

  • el 06/01/2017 a las 7:53 pm
    Permalink

    Cada vez que veo el concierto de los Año Nuevo, pienso en cuánto han tenido que estudiar y ensayar los músicos que integran la orquesta.
    Me parecen dignos de admiracción.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: