comunicado do vicepresidente da Xunta,don Anxo Quintana

quintana_09Importante comunicado do vicepresidente da Xunta , don Anxo Quintana , na Constitucion da asamblea xeral da rede de persoas usuarias dos centros Sociocomunitarios.
O  Vicepresidente abundou na transformación profunda dos instrumentos de xestión dos Centros Sociocomunitarios, “unha transformación que busca dar un impulso definitivo á participación democrática dos seus usuarios”. Este novo modelo de xestión fundamentase na creación de dous novos órganos de participación en cada centro, “dous órganos que darán voz e voto aos seus usuarios e que pretendemos sexan auténticos instrumentos para que a súa capacidade de decisión sexa real e efectiva”: a Asemblea Xeral de Persoas Usuarias e o Consello de Persoas Usuarias. Estes novos órganos teñen como finalidade fundamental favorecer a participación das persoas usuarias na programación e desenvolvemento de actividades do centro e no seguimento do funcionamento dos servizos que neles se prestan.
A Asemblea Xeral será a responsable de aprobar as normas de funcionamento e convivencia do centro, e o Consello de Persoas Usuarias terá, entre outras funcións, as de deseñar o programa anual de actividades do centro e elaborar unha memoria anual de xestión das actividades realizadas, que despois será sometida á aprobación da Asemblea Xeral. Neste eido, todos os socios usuarios e a dirección do centro formarán parte da Asemblea Xeral e o Consello de Persoas Usuarias será o órgano de representación dos usuarios dos centros e estará integrado por membros elixidos cada tres anos mediante un procedemento electoral transparente e obxectivo.
Ademas volveo a insistir que ,a media que os presupostos  o vaian permitindo , estos Centros dispondrán de un Traballador Social, un animador sociocultural , ademais de outras prestacios as que o Vicepresidente comprometeuse nos seus comunicados sobre o futuro inmediato dos Centros Sociocomunitarios.
Iindicou que se está a levar a cabo unha importante ampliación dos servizos a desenvolver e adiantou que os Centros Sociocomunitarios acollerán progresivamente servizos de información e asesoramento sobre as prestacións e recursos do Sistema Galego de Benestar.
Así mesmo, lembrou que se amplían os programas de dinamización sociocultural e as actividades terapéuticas que neles se desenvolven, favorecendo a creación dunha programación en rede que facilite o acceso a programas de dinamización, atención e promoción social dos maiores como “Coñece o teu país”, “Galiza Natural”, “Turismo Social” ou o “Cachibol”. Esta programación enriquécese ademais co desenvolvemento de Aulas de Prevención da Dependencia e obradoiros terapéuticos e de aprendizaxe de habilidades sociais, así como con actividades recreativas e culturais que favorezan as relacións interxeracionais. Ademais, e de xeito progresivo, iranse implantando novos servizos de comedor, lavandería e podoloxía naqueles centros que conten cunha maior demanda.
Quintana explicou que estes cambios nas actividades e programas complétanse coa ampliación do horario de apertura dos centros nas xornadas de fin de semana desde as 9 ás 21 horas naqueles centros que unicamente viñan funcionando nos días laborables, de xeito que todos funcionen un mínimo de seis días á semana.
Todo este conxunto de cambios, segundo dixo, permitirá abrir os centros a toda a comunidade, ampliar e reforzar a prestación de servizos de benestar no noso país, optimizar o emprego destes recursos, infrautilizados en moitas ocasións, ao tempo que se reforza o protagonismo social das persoas maiores, os seus principais usuarios

A %d blogueros les gusta esto: