Círculo de Homes

Uns días antes do 8 de marzo, día da folga feminista, un cartel chamou a miña atención. Anunciaba que un Círculo de Homes estaría aberto prestando servizos de coidados para que as mulleres poidan facer folga ese día.
Lembrei que xa oíra na prensa e outros medios de difusión falar de Círculos de Homes, que se reunían para reflexionar sobre a súa masculinidade, as súas emocións, a educación en igualdade, as relacións…. Busquei máis sobre un tema tan interesante, ¿existía un movemento de homes cuestionándose relacións e toda a educación recibida que lles facía infelices?
Craig White ex xogador de cricket inglés exprésao así “Os seres humanos sentáronse en círculos desde a antigüidade. Constitúen un espazo de encontro en que todos somos iguais, non hai xerarquía, tampouco líderes nin seguidores…, unha profunda forza enerxética que dalgunha maneira flúe a través de cada home do círculo, estreitándoo e creando un forte e seguro lugar para compartir…. Cando me chega a quenda de falar e comparto a miña historia doume conta que estou nun espazo no que sinto completamente libre para expresarme sabendo que non estou só, sinto acompañado, soportado, acollido, non sinto xulgado por ninguén. Cada home fala de maneira que non culpabiliza a ninguén polo camiño percorrido na súa vida. Pola contra, cada home é dono do seu comportamento no presente e as súas eleccións…”
Así que decidín investigar sobre o grupo que existía en Vigo, contactei con eles e amablemente contestaron as miñas preguntas. Creo que é unha información interesante para compartir.

Entrevita

– Que é ou “Círculo de Homes Antipatriarcais”?
-“Cabaliños de Mar, ou círculo de homes en deconstrucción dá súa masculinidade” é un espazo que nace dos Centros Sociais do Sudoeste da Galiza, baixo a inquedanza de diversos homes pertencentes a diferentes organizacións de xerar un espazo crítico de formación, cuestionamento e loita anticapitalista, antifascista, antirracista e antipatriarcal.

Esta inquedanza xurde á súa vez, do traballo realizado ó longo de moitos anos polas compañeiras feministas, en cada un dos seus espazos e lugares de influencia; por iso o Círculo de Homes Antipatriarcais confórmase como un lugar onde os homes cuestionámonos diferentes eixos, onde historicamente existiu un patrón de hexemonía da identidade masculina, burguesa, branca e occidental, cruzándose cos diferentes sistemas de opresións tales como a raza, a idade, a clase social, a identidade de xénero, ou territorio,etc.

Consideramos o Círculo de Homes Antipatriarcais como un espazo de seguridade, confianza, (auto) coidado, onde nos (auto)formamos e nos (auto)corriximos mediante a reflexión, discusión e acción. Declarámonos en franca loita anticapitalista, antifascista, antirracista e por suposto antipatriarcal.

 

– Cando se creou?

– O círculo nace, como idea a principios do ano 2018 entre diferentes compañeiros de varios Centros Sociais, como proposta dentro do marco da asemblea mensual da Coordenadora de Centros Sociais do Sudoeste da Galiza, na que fan parte A Cova dos Ratos, A Quinta da Carmiña, A Revolta do Berbês, o Local Social Faísca (todos eles de Vigo), A Casa Colorida (en Nigrán) e o Fuscalho (na Guarda). Na asemblea acordamos facer unha chamada ós homes pertencentes ós Centros Sociais, e con todo levamos a cabo a primeira reunión en novembro de 2018, contando coa presenza do Grupo de Homes de Ponteareas, quen achegou a súa experiencia como colectivo militante activo, e onde se xerou un espazo no que compartiron a sua historia, de como levaron a cabo esta etapa de inicio, e onde se centran actualmente as súas miradas antipatriarcais. Dende aquí comezamos a buscar a identidade propia do círculo, analizando quenes somos os suxeitos activos que estamos presentes, cal é a nosa historia, como concebimos a masculinidade, como queremos colectivamente articular cada xuntanza, e en definitiva, como imos darlle forma a este espazo. Asumindo o noso papel na sociedade e na loita por unha igualdade real en todos os eixos.

– Que obxectivos ten?

– No individual, a formación deste grupo busca que os seus integrantes se reformulen o concepto de “Ser Home”, en canto aos diferentes hábitos que herdamos, e que nos inculcaron do que é correcto. No colectivo, declarámonos en solidariedade coas loitas feministas, achegando en canto homes que respectamos o seu protagonismo, e centralidade nas devanditas loitas; dende aí, como axentes non pasivos, buscamos a transformación de toda a sociedade, mediante a transformación persoal de cada un dos seus integrantes a través da identificación das problemáticas que nos competen.

– Que fai no día a día?

– O día a día levámolo a cabo todos os membros en todos os nosos espazos e con todas as nosas relacións; xa sexa nas nosas familias, lugares de traballo, de estudos, coas nosas compañeiras e grupo de amigos. Buscamos erradicar o macho interno, para así ofrecer espazos de coidado e tenrura nos nosos Centros Sociais, para que se faga realidade ter presentes espazos libres de machismo, e violencia patriarcal, o cal non será posible, se non nos comprometemos política e seriamente no público e o privado, na reflexión e na acción.

– Como pode facerse membro?

– Actualmente o grupo atópase nunha fase de formación, polo cal non existen convocatorias abertas, ata ter definidos os aliñamentos que queremos darlle ó colectivo. Pretendemos convocar, no curto prazo, a todas aquelas persoas, que se identifiquen con identidades masculinas para materializar de forma activa, a responsabilidade política o que significa a loita antipatriarcal

O cartel que chamou a miña atención

– Que funcións realizaron os voluntarios no 8 de marzo?

– Para a Folga Feminista do 8M, os membros do Círculo de Homes dividímonos nos diferentes espazos, e apoiamos de diferentes formas; así por exemplo, A Casa Colorida estivo a realizar diversas convocatorias de chamadas a reflexionar “Que facemos como Homes?”, ademais de apoiar na creación de material para a Marcha do día 8. No caso da Revolta de Berbés, e A Cova dos Ratos, decidimos abrir os homes só para ofrecer tarefas de coidado tanto, para as compañeiras que decidisen participar das mobilizacións e folga.

Aquel día ofrecemos comidas, ludoteca para as crianzas, espazo de descanso e todo o que puidesen requirir as compañeiras feministas.

– Cantos homes participaron nesta actividade?

– Desta actividade participamos todos os membros activos que puideron. Algúns con traballo físico e presencial, e os menos con apoio desde os seus espazos e territorios.

– Teñen outras iniciativas previstas?

Si, temos varias iniciativas, propostas e proxectos para este ano. Polo momento, o máis importante é a evalacion que fixemos logo do 8M. O vindeiro xoves 25 de Abril levaremos a cabo unha actividade aberta, dirixida a aqueles homes interesados en participar no noso círculo, para que así poidan achegarse a coñecernos, e participar de diferentes actividades que temos preparadas.

 

 

 

Carmen C. B.

A %d blogueros les gusta esto: