Celebración do Día das Letras Galegas
O pasado martes 19, homenajeamos no noso Centro Comunitario, ás Letras Galegas, a través dos seus grandes escritores e poetas, poñéndolles música con nosas agrupaciones artísticas.
Fai a presentación nosa directora Mª Carmen, utilizando unha “chuleta” en forma de bolsa da compra dun supermercado galego, na cal leunos a biografía do homenajeado deste ano, Ramón Piñeiro, que viña impresa na mesma.
Empeza o acto coa actuación do grupo “Promesas Musicais“, que interpretaron cancións con letras de Rosalía e Castelao, así como cancións populares galegas.
A continuación tocoulle a quenda a “Os Bohemios“, esta vez representados soamente por Juan e Manolo, que nos interpretaron cancións e poemas de Curros Enriquez e Rosalía, adaptadas por eles mesmos con gran esforzo, sobre todo por parte de Juan, ao non nacer en Galicia.
Seguidamente o usuario Miguel, recitou uns poemas escritos por el, un para Rosalía e o outro para todos os galegos en xeral. Tamén Pilar, leu unha poesía de Celso E. Ferreiro, titulada “Fronte ao mar”.
A coral “Novos Aires“, tamén homenajeó a Rosalía, cunha canción e lendo Paco parte da súa vida e obra. Despois cantaron varios temas do rico folklore popular galego.
Para finalizar o acto deste día, actuaron o grupo de baile e canto galego “Rebuldaina”, que cantaron e bailaron e ata estrearon novas cancións para a súa repertorio e finalizaron a actuación cantando con todos os asistentes o Himno Galego.
Para finalizar estes actos, o día 21, jueves, actuou o grupo de cancións populares galegas “Vagalume“, que como os demais grupos, cantaron aos nosos poetas mais representativos, por exemplo, Rosalía e Curros Enriquez, tendo un recordo para a súa compañeira convaleciente, Carmen Yañez, para que se recupere da súa recente intervención.
Para pechar estes dous días de festa, tivemos a actuación do conta contos vigués, Candido Pazó, moi coñecido por todos, pois xa actuou no noso Centro noutras ocasións e con moitisimo éxito. E nesta ocasión non podía ser menos, pois nos trouxo outras historias a cada cal mais divertida que provocou en todos os presentes unhas continuas gargalladas, que non cesaron ata o mesmo momento de dar por concluída a súa actuación.
Só réstame destacar o bo traballo e esforzo de superación de todos os grupos participantes nestes actos, ao documentar a todos os presentes, con breves biografías dos autores das poesías ou letras de cancións que ían interpretar.
Carlos Cordero