Cea de entroido do Centro Social
O venres día 8, o Centro Social de Coia celebrou o seu fin de festa do entroido cunha cea- baile no hotel Coia.
A festa estivo moi animada grazas a todos os asistentes, en especial ós que acudiron disfrazados, pois encargáronse de poñer a nota de cor na celebración.
Pouco antes de cear o grupo Rebuldaina, con vinte persoas disfrazadas de Hawaianas e os seus traxes multicores, animaron o ambiente con cancións populares Galegas, á vez que ían chegado máis disfraces; destacando un grupo que representaba a película “o que o vento levou” cós seus traxes e maquillaxes moi logrados, e un trío moi orixinal representando a Ágata Ruiz da
Braga.
Na sobremesa animou a velada un grupo musical que invitou a todos a bailar, facendo un descanso para dar paso á actuación do grupo de Hawaianas coas súas cancións de propia creación e,
a continuación, o trío Ágata Ruiz da Braga cunhas parodias.
A festa prolongouse ata as tres da madrugada.
Germán