Canto dos Xigantes Galegos

galicia1.jpg
¡Erguédevos , galegos!
Non olledes mais pro chan
Os antergos que tivestes
Non vos deixan descansar

Espertade o coñecemento
Na fala dos vosos irmans
Xa soou a hora de afastar
Avergoñarse das nais

¡Erguédevos, galegos!
Imitade a Rosalía
Padre Sarmiento, Feijoo
Xosé Cornide, Pastor
Manuel Murguía, Pondal
Curros Enriquez, Lamas Carvajal
Alfredo Brañas, Antón Noriega
Ramón Cabanillas e Castelao
Otero Pedrayo, Vicente Risco
Viqueira e tamén Carballo
Luis Pimentel, Blanco Amor
Alvaro Cunqueiro, García Sabell
Manuel María, Mendez Ferrín
E moitos outros que soñaron ver
Unha Galiza loitadora, ceibe
Onde oportunidades ter
Para todos os fillos da terra
Para os fillos que veu nacer
Engadir coñecementos
Con traballo e honradez
Berrádelle o mundo enteiro
Xa non hai malpocados, iñorantes
Na Galiza verde a florecer
Son homes como xigantes
Na ciencia, nas artes, nas letras e no saber

¡Traballade arreo, galegos!
Para que vosa nai Galiza
Sinta ledicia de veros
Po lo mundo adiante erguer
A voz, a lingua e o saber
Desta nai doce e fermosa
Que a todos nos deu o ser

¡Espertade, galegos!
Estándevos a fitar
Vosos antergos loitadores
Dende o cumio da montaña
Ata a inmensidade do mar
CÉNEME

A %d blogueros les gusta esto: