Canto a Ría de Vigo

amanecer.jpg
¡Cantade, vigueses, cantade!
Estandes a contemplar
Unha paisaxe moi fermosa
Unha ría sen igual
Con lanchitas de madeira
Que andan o xeito a pescar
Con moitos barcos de recreo
Que andan a pasear
Ten sitio a ría para todos
Para todos na ría ha
Ela e sofrida e goza
Coa ledicia que nos da

Fermosa Ría de Vigo
Onde ven a descansar
Tanto mariñeiro canso
De loitar co noso mar
Cos teus pexiños fresquitos
Cos teus mariscos sen par
Fermosa Ría de Vigo
E nosa responsabilidade
Da podredumbre da morte
Tuas augas afastar
Para que alimenten os fillos
Que están a vir detrás

¡Esperta, Ría de Vigo!
Non te deixes aldraxar
Por tanto barco “bonito”
Túas augas emporcallar
Eres herdade para todos
Os que vivimos do mar
Con navallas, ameixas, berberechos
Dos teus limpos areais
Con mexilóns, ostras, vieiras
Do teu peito maternal

Fermosa Ría de Vigo
Temoste que preservar
Para que cheguen os teus fillos
Os froitiños do teu mar

¡Espertade, vigueses!
Estándevos a matar
A Ría que sempre foi
Riqueza para os vosos pais
En demais barco “bonito”
En demais amarre a emporcallar
Para gozo dos señoritos
Que se apoderan do mar
CENEME.

A %d blogueros les gusta esto: