Coñecendo os nosos usuarios: Pili Vila
Pili Vila premio á constancia leva no Centro Sociocomunitario de Coia-Vigo case desde a súa inauguración, pero iso non é o excepcional, o excepcional é que desde o seu ingreso asiste á mesma clase de ximnasia e no mesmo horario: ás 9:00 da maña. Por iso é merecedora do: PREMIO A CONSTANCIA
Hoxe queremos presentala aos nosos lectores e coñecela un pouco máis.
Añadiría algunha actividade nos meses no verán. O mesmo quixeran outras amigas. Resulta longo tres meses sen facer nada.
P.- ¿Desde cando é vostede usuaria deste Centro de Coia?
R.- Desde hai máis ou menos 14 anos.
P.- Se non é indiscreción ¿qué idade tiña entón?
R.- Tiña 32 anos.
P.- ¿Como soubo da nosa existencia?
R.- Pola proximidade da miña casa ao Centro. Vivo fronte ao Pavillón de Coia.
P.- ¿Cómo se atopaba nun entorno maioritariamente de maiores?
R.- Para min foi moi agradable. Nunca tivo importancia a diferencia de idades.
P.- ¿Qué lle parecía asistir a un Centro que daquela se dicía que era da Terceira Idade?
R.- Non supuxo ningunha barreira a adaptación a este medio, era consciente das circunstancias do Centro. As compañeiras que asistían comigo ao curso tiñan aproximadamente a mesma idade.
P.- ¿Síntese discriminada nalgunha ocasión pola súa idade?
R.- Nunca, temos un trato recíproco.Todavía manteño relacións coas compañeiras dos primeiros tempos, tanto fóra como dentro do Centro, moi satisfactorias.
P.- Además de asistir a clase de ximnasia ¿a qué outras actividades asistiu ou asiste?
R.- Manualidades, adornos de nadal, presentación de mesas para comensales, cerámica, informática, pintura …
P.- Vostede levantase temprano ¿qué fai o resto do día?
R.- Despois da ximnasia vou á compra. Volvo a casa e me dou unha ducha. Fago as faenas propias de ama de cada. Pola tarde saio a pasear, gústame ler, vou ver algunha película, aproveito o bo tempo para ir á praia …
P.- ¿Qué outra actividad lle gustaría realizar no Centro?
R.- Estou aberta a calquera actividade. Asisto ás que máis me motivan.
P.- ¿Qué eliminaría do Centro?
R.- Nada. Añadiría algunha actividade nos meses no verán. O mesmo quixeran outras amigas. Resulta longo tres meses sen facer nada.
P.-¿E do mundo?
R.- Todas as consecuencias negativas producto da crise que estamos a atravesar pola mala administración dos políticos (probeza, falta de traballo e de expectativas, o paro …) As guerras e a fame do mundo …
P.- ¿Algún recordo especial de todos estes anos?
R.- As boas compañeiras, as amistadas feitas ao longo deste tempo, todas as experiencias vividas no Centro …
P.- ¿Alguna suxerenxia?
R.- Como xa indiquei anteriormente, facer más corto o periódo de verán sen actividades.
Dámoslle as grazas a Pili por concedernos esta entrevista e esperamos que as súas suxestións sexan recollidas pola Dirección do Centro.
Redacción