Berta Cáccamo, artista. Sábado de Exposicións

Hoxe vai de arte. O pasado sábado a Agrupación de Amigos do MARCO, (Museo de Arte Contemporáneo), adicamos o día a visitar algunhas exposicións de artistas importantes e con obra consolidada.

Visitas

Comenzamos saindo de Vigo ás 9.30 da mañán deica Compostela, para facer a primeira visita guiada a exposición da viguesa Berta Cáccamo, no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporaneo). Alí recibiunos a comisaria  coa que  fixemos un percorrido polas salas onde están pendurados os traballos de varias épocas de Berta, un deles moi recente. A persoa que nos mostrou a obra, foi, non só, a que dá unha explicación do que ten diante dela; cecais sin pretendelo foi unha transmisora de entusiasmo da obra e da persoa da artista. Magnífica comunicadora.

A información  escrita que nos pasan no MARCO sobre a artista é moi ampla para transcribila  aquí. Mais o que si sei, é que Berta naceu na cerna dunha familia senlleira, de intelectuais e sufridora: o seu avó, Darío Álvarez Limeses, (médico), ten un espazo no libro do historiador vigués, José Ramón Rodríguez Lago, “Cruzados o Herejes” páx. 159, no que debaixo da fotografía, dí: Darío Álvarez Limeses, dirigente de la primera Junta de Acción Católica de la diócesis de Tui, intelectual afín a Izquierda Republicana, asesinado el 15 de septiembre de 1936.

As referencias que teño de Berta, ademáis dos irmáns, que con moito afecto trato, principalmente o escritor e poeta José María Álvarez Cáccamo, (Pepe, para os amigos e os letores), chegoume tamén do traballo a prol da memoria  das nosas vítimas – ainda hoxe –sin recoñecer polo Estado español . E pra coñecer mellor, ler “Escolma de Familia” Cen  anos de poesía, con limiar de Xavier Rodríguez Baixeras, editado por Xerais.

Casa da Matanza

Despois de  xantar visitamos a casa de Rosalía, lugar a onde volves e sempre che parés que descubres algo que non albiscaches antes. Na almofada da cama sempre hai unha flor, desta volta era unha camelia vermella

Museo de Pontevedra

Alí visitamos a exposición “Airiños Aires Rosalía”, do fotógrafo Xurxo Lobato.

A exposición consta de cincuenta cadros de grande formato nos que traza a traxetoria vital e emocional  da nosa escritora galega máis universal: Rosalía de castro, ao través dunha viaxe polas primeirass etapas vitais desta muller,  que transcurriu por terras de Compostela, Lestrove e Terras de Iria.

Recibiunos o autor –a quen lle agradecemos moito a deferencia cos “Amigos do MARCO”-.

Comezou dándonos a benvida, e  felicitandonos polo interese que tiñamos pola súa obra, logo Xurxo describe o seu traballo para esta exposición. As miñas fotos queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida  de Rosalía e da súa obra. Collo a cámara  e busco a Rosalía. Na capela do Hostal está nunha cunca de pedra, (a pía bauitismal), tantas veces esquecida …e Xurxo vai percorrendo cadro a cadro os lugares por onde andou Rosalía, ou os lugares que ela mencionou. Él faino paseniño, con voz firme  e semellando que en cada cadro estaba a imaxe que estaba perseguindo, rematando na Rúa Real, do casco Vello de Vigo, onde se editara “Cantares Gallegos”.

Despedímonos de Xurxo con un longo aplauso e pasamos a outra sala para visitar a exposición “Mar Interior” de Miguelanxo Prado, esta sin guía.

Mar Interior pretende asumir a titánica tarefa de resumir os 36 anos da intensa actividade artística de Miguelanxo Prado, no  redondo número de cen obras. Cen páxinas que se artellan en  en varios espazos.

Por moito que se diga da exposición, o mellor é visitala.

O sábado foi un día pleno de cultura pictórica e sentimental. Moi recomendable para grupos.

Telmo Comesaña             xaneiro 2017

2 comentarios en “Berta Cáccamo, artista. Sábado de Exposicións

  • el 20/01/2017 a las 4:15 pm
    Permalink

    Gostarón me moito as exposicions e a visita da Casa da Matanza de Rosalía Castro. Tamen emocionoume o que contoume Telmo no autobus sobre a historia de Vigo e as traxedias humanas. Sento non escribir ben o galego.

  • el 20/01/2017 a las 7:29 pm
    Permalink

    El arte siempre produce gozo para quienes son conscientes de toda su grandeza. Hay un libro, titulado “la noche en que Frankestein leyó el Quijote” donde el autor hace un precioso relato literario de cómo pudo ser y fue, seguramente, ese bautismo de Rosalia a altas horas de la madrugada ,en esa pila bautismal, que aún se conserva en el Parador de los Reyes Católicos.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: