“Benestar en balnearios” 2014
Convócanse un total de 589 prazas para participar no Programa de Benestar en Balnearios de la Xunta de Galicia.
Prazo presentación ata o 10 de maio
A totalidade das prazas que se ofertan este ano corresponden á modalidade de “Balnearios”, opción de “todo incluído”, e a selección das persoas participantes efectuarase nas xefaturas territoriais.
Os establecementos termais nos que se ofertan prazas, as datas e o prezo por praza para as persoas beneficiarias son os que a continuación se relacionan:
Destinos e datas |
Prezo por praza |
ACUÑA (Caldas de Reis) |
377,50 € |
– Do 25 de xuño ao 4 de xullo |
|
ARNOIA |
377,50 € |
– Do 16 ao 25 de setembro |
|
AUGAS SANTAS (Ferreira de Pantón) |
398,61 € |
– Do 23 de xuño ao 02 xullo |
|
BAÑOS DA BREA (Vila de Cruces) |
377,50 € |
– Do 23 de xuño ao 02 xullo |
|
– Do 05 ao 14 de xullo |
|
BAÑOS DE MOLGAS |
316,64 € |
– Do 04 ao 13 de xullo |
|
– Do 16 ao 25 setembro |
|
CALDELAS DE TUI (Tui) |
316,64 € |
– Do 29 de setembro ao 08 de outubro |
|
O CARBALLIÑO |
316,64 € |
– Do 12 ao 21 de setembro |
|
– Do 22 de setembro ao 01 de outubro |
|
CARBALLO |
377,50 € |
– Do 23 de xuño ao 02 de xullo |
|
– Do 17 ao 26 de xullo |
|
– Do 30 de xullo ao 8 de agosto |
|
– Do 11 ao 20 de agosto |
|
– Do 22 ao 31 de agosto |
|
– Do 17 ao 26 de setembro |
|
CUNTIS |
398,61 € |
– Do 29 de xuño ao 08 de xullo |
|
– Do 9 ao 18 de xullo |
|
– Do 14 ao 23 de setembro |
|
– Do 28 de setembro ao 07 de outubro |
|
LAIAS CALDARIA (Cenlle) |
398,61 € |
– Do 21 ao 30 de outubro |
|
LOBIOS CALDARIA (Lobios) |
377,50 € |
– Do 18 ao 27 de setembro |
|
RIO PAMBRE (Palas de Rei) |
377,50 € |
– Do 11 ao 20 de xullo |
|
TERMAS ROMANAS (Lugo) |
398,61 € |
– Do 18 ao 27 de xuño |
|
– Do 27 de xuño ao 06 de xullo |
|
– Do 08 ao 17 de xullo |
|
– Do 17 ao 26 de xullo |
|
– Do 29 de xullo ao 07 de agosto |
|
– Do 22 ao 31 de agosto |
|
Beneficiarios
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Atoparse en condicións de participar no programa e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e) Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d) e e).
Servizos incluídos
Nos prezos inclúen os seguintes servizos:
– Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións de uso compartido, durante de 10 días e 9 noites.
– Tratamentos termais básicos, que comprenderán: o recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario co número de tratamentos establecido no compromiso escrito adquirido polo balneario; o seguimento médico do tratamento, con informe final a petición da persoa interesada.
En todo caso, as persoas beneficiarias das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais así coma o de regreso aos seus domicilios, polos seus propios medios.
Descargar solicitud
As solicitudes formularanse no modelo establecido ao efecto e cubriranse todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
Cada solicitude estará acompañada de:
– Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede (no caso de non asinar a autorización para a súa consulta).
– Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do seu cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluído na solicitude.
No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de maio.
As solicitudes poderanse presentar nas xefaturas territoriais e nos Centros Sociocomunitarios, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).
Redacción