Axudas económicas para a atención da primeira infancia
Consellería de Política Social
ORDE do 12 de maio de 2017 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170524/AnuncioG0425-120517-0004_gl.html
Persoas beneficiarias:
Familias residentes na CA de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
- Ter unha filla ou fillo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2014.
- Estar en calquera das circunstancias seguintes:
- Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2017/18 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
- Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2017/18 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
- Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2017/18 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
- Ter obtido axuda deste programa no curso 2016/17 e solicitala para a mesma nena ou neno.
- Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2017/18 e obter praza nunha escola pública para un irmán ou irmá tendo marcado a opción do Bono concilia na súa solicitude.
- Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
- Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.
- Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente
Redacción.