Augardente, bebida espirituosa

1231240697_850215_0000000000_sumario_normalA elaboración do augardente, é o resultado de extraer o alcol que ainda conserva o bagazo despois de sepáralo do viño. Daquela, faciana branca ou de herbas. A de herbas incorporabanselle na pota, herbas medicinais, chocolate, vainilla, casca de laranxa, anises, una mazá cortada e outras cousas según a receita de cada quen.

Proceso

O augaardenteiro  chega un tempo despois de ter gardado o bagazo.  Asenta a pota nun  alboio ou nun pendello, empezando  na casa onde a deixou gardada, e alí ían os vecinos do barrio, cada quén cando lle tocaba; había quen  tiña dúas, tres ou máis  potadas; os acordos tomabanse cando estaba asentando . Cada quén levaba o bagazo e a leña para o lume, e tamén tiña que mantelo con tres comidas ó día mentras traballaba para él. Ía dun a outro barrio ata rematar a campaña. Traballaba día e noite, e acompañabaio na carga e descarga da pota o dono do bagazo ou persoa amiga. A destilación duraba alá para seis ou sete horas. A pota cargabase tendo en conta que o bagazo non quedara arrimado ao fondo, e para iso, metianlle vides secas e enriba palla de centeo; logo, auga ou viño  e de contado  íase cargando o bagazo ben espallado e sin deixar  ocos; montaballe o capacete conetado co serpentín montado dentro dunha barrica ou caixón   chea de auga para facer a transformación de gaseoso a liquido .

Unha vez que a pota empezaba a ferver ía pasando o vapor ao través do bagazo levando o alcól . O bó facer do profesional consistía en que o chorro fora o mais fino posible sin parar, e para iso tiña que controlar moi ben o lume; cando xa ía baixando a graduación probaba votando una pouca no lume, e así decatabase en que fase estaba. Na metade do proceso atopase a mellor calidade, e por iso os que entendían destas cousas retiraban unha pouca para gardar e gabarse diante dun amigo. Unha potada dar entre 16 ou 20 litros, dependía da calidade do bagazo, das castes da uva e de ferver con viño en vez de auga. E ter caña da “media potada”,licor de dioses.

Punto de encontró

Era costume que os augardenterios tuveran mais visitas das desexadas polo dono, porque a xente quería votar un grolo, e entre proba e proba íase o “negocio”, pero tamén era o lugar onde se contaban contos de meigas e aparecidos, da santa compaña,que ninguén mirou pero todos falan dela; xurden amoríos e rifas. O home moi discreto , de poucas falas e moi boa persoa, aproveita para durmir ou fumar un pito que facía dunha folla de verza seca.

 

Unha vez rematado o proceso, o bagazo ainda se aproveitaba para esterco e alimento de centos de paxariños que ían consumindo os vermes que se producían coa fermentación, moitos deles, verdeiroles

Telmo Comesaña   Feixoeira agosto 2016

Foto El País,  Xurxo Lobato

3 comentarios en “Augardente, bebida espirituosa

  • el 12/08/2016 a las 8:33 pm
    Permalink

    Muy interesante tu relato de cómo se hacía el aguardiente. Lástima que hoy en día, las leyes no permitan que se siga destilando en plan casero, como antes.
    Yo, siempre oí que el aguardiente de casa es el bueno, mejor que el elaborado en fábricas.
    Gloria.

  • el 13/08/2016 a las 11:02 am
    Permalink

    Muy interesante este artículo Telmo. El arguardiente y su elaboración es pura literatura gastronómica. Además, lo has contado como un hermoso cuento lleno de imágenes y olores. Ahora lo que se ha puesto de moda es la oferta de cursos para aprender a elaborar diversos licores con la base del aguardiente. Una amiga, me dijo que el mejor es el de caña, que lo venden en una tienda de Ferrol

  • el 19/08/2016 a las 12:42 pm
    Permalink

    Suxiro facer alguna tertulia para falar da elaboración do augardente e as posibilidades de outras bebidas a partir dela

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: