Auga en Vigo

Coloquio sobre o abastecemento da auga en Vigo.

O CONVIDA chegoume dun amigo ao que lle pediran un xubilado para un coloquio sobor da auga en Vigo. Aceptei de contado porque é un tema que me preocupa nesta cidade e no planeta terra. Asemade tamén buscaban persoas máis novas e de diferentes idades.

O acto fíxose na sala dun hotel.

dibujo fachada hotelUn grupo de seis persoas: catro mulleres e dous homes de idades e actividades diferentes: dúas amas de casa, dúas máis novas, un profesional de mediana idade e un -eu mesmo- xubilado. Unha señora -con acento francés- na cabeceira da mesa, ía facendo a presentación dos diferentes temas relacionados co asunto en cuestión. Deixou caer que a información era para Aqualia.

As preguntas foron interesantes para un coloquio: subministro, calidade, resposta en averías, atención ao cliente, prezo, respecto ao medio ambiente e valoración; puntuación de 0 a 10.

Para min respostar a estas preguntas non me era doado sen coñecer algúns datos clarificadores que me permitiran poder ter un maior coñecemento da organización, e xa que logo, poder valorar e contestar debidamente, por exemplo:

-Hm. cúbicos que se potabilizan / ano; que tanto por cento vai a consumo doméstico e canto se utiliza en industrias, fontes públicas con auga perdida, limpeza de rúas, rega de xardíns, etc. Perda no emisario entre Eiras e O Casal e do Casal –xa depurada- ao Morrazo, e outras utilizacións que non precisen unha potabilización total.

-Costo da potabilización

Estas preguntas que formulo non teñen contestación.

Precio del aguaNas respostas puiden ver o reflexo da sociedade na que estamos mergullados: as amas de casa descoñecen o prezo e o fixo de consumo -o descoñecemento venlle porque o pago faino a comunidade do edificio-; taxa que hai que pagar consumas ou non. Pero ademais si é un negocio -grande ou pequeno-, o prezo é maior. (Comentaba esoutro día a tendeira do barrio, que só ten unha billa para lavar as mans, e paga 60 €).

No devalar do coloquio foron saíndo : bo servizo, boa resposta as averías, prezo moi caro. Unha muller que vive en Barcelona e Vigo, fixo unha comparativa moi favorable a nosa, aínda que moito mellor –dixo ela- era a de Edimburgo; nótase moito o sabor a cloro e hai quen a topa moi dura.

Respecto ao medio ambiente non hai contestación, todo parece estar ben. Pois non, eu si que vexo problemas:

Falta conciencia por descoñecemento e porque o fixo da pé a consumilo. Porque se paga, e ten moita lóxica-.

-A utilización de auga potable en regas, fontes e industriais é outro despilfarro.

-Coa depuradora antiga os vertidos do colector de borde de Ría descargaban, frecuentemente das estacións de bombeo, directamente ó mar. Descoñezo a situación actual coa nova depuradora.

Valoración

Depuradora de VigoAquí se ven as dúbidas, pero como todos somos / son xente de fe pois o resultado sae por enriba da media.

Ai! E, como podo valorar eu o que descoñezo. Gustaríame darlle un seis, ou un sete, pero descoñezo o proceso da potabilización e do seguimento da calidade.

Tería que coñecer si na depuradora que din que é moi moderna- se fai o proceso establecido, ou si por aforrar Kw a depuración é menos eficiente, para o medio ambiente. Como agora a saída está a 3 Km de Samil non se pode controlar visualmente: Tampouco sei si se fan auditorías externas ou non. Na factura que bimensualmente recibimos, figuran catro certificacións, unha delas UNE-EN ISO 14001 é DE Xestión ambiental. Este dato é importante pero incompleto en tanto non coñezamos os datos do cumprimento desa norma.

En resumo

AqualiaMalia que todo parece bastante ben, a realidade resulta ser unha cuestión de fe,

crer o que nos digan, ou nos insinúen, e iso para min non vale. Hai moitos anos que perdín a fe. Gústame saber e participar.

Tampouco hai que esquecer que Aqualia é unha empresa que traballa por delegación do Concello de Vigo, único responsable non só do prezo, senón tamén, de todo o concernente a actividade da devandita empresa. Deléganse as función, non as responsabilidades.

 

Telmo Comesaña febreiro 2019

A %d blogueros les gusta esto: