As filloas no Antroido.

filloas espelta (3)Chega o Antroido e con el a gandaia, as mascaritas da borralla e as cuchipandas.
Nestas datas as galdrumeiradas, non ían faltar: cando non son as orellas ou as flores, hanvos ser as chulas borrachas, e se non as filloas brancas, finamente chamadas Crêpes (polas que eu devezo , e das que aínda nunca me fartei.)
As crêpes coñécenas en todo o mundo.
Son moi populares en Francia e tamén en Bélxica e en Austria. Na Inglaterra chámanlle “pankekes” e “plaunchuken” en Alemaña. Nos países nórdicos consúmenas moito, así coma en Rusia onde lles chaman “blinis” e as comen con caviar e con peixe afumado. En Africa atópanse unha especie de “galettes” que se asemellan e que no Sahara fannas cos cereais que se chaman “sorgo” e tamén lle acrecentan millo miúdo.
En Asia seica as fan de arroz.e en America non han faltar dende o Canadá ata a Arxentina onde as coñecen como “panquecas” No Chile cómenas co mel, e noutros pontos métenlle siropes, compota ou diferentes recheos.
Unha anécdota  curiosa.

Hai unha anécdota que di que no ano 1.812, o emperador de Francia Napoleón Bonaparte, antes de saír para a campaña contra Rusia, organizou no seu Castelo de Malmaison un grande convite somente de crêpes, e él mesmo deulle a volta a unhas cantas, até que unha caeulle ó chan (sinal de mala sorte que o deixou un chisco encabuxado). Din que disto el lembrouse na hora do fracaso ó entrar en Moscú.

A crêpe Suzette
Contan que no ano 1.896, o príncipe de Gales, que cinco anos despois crepessería o Rei de Inglaterra co nome de Eduardo VII, chegou cunha fermosa moza no Café de París en Montecarlo, onde almorzaron e pediron de postre crêpes. O cociñeiro peparounas cun mollo de laranxa e coñaque .Ao parecer na hora de servilas, o coñaque aqueceu coa chama do fogón aquecepratos e comenzou a arder sendo enton as primeiras “crêpes flambées”.
O cociñeiro disimulou e cando o príncipe o chamou para lle dar os parabéns pola preparación que seica lle gustou dabondo, e ao perguntarlle polo nome da receita, o cociñeiro respostou que era unha receita nova que aínda non tiña nome. O príncipe pediulle que lle dise entón o nome da señorita que o acompañaba e que se chamava Suzette.

Matuca.

2 comentarios en “As filloas no Antroido.

  • el 15/02/2010 a las 6:03 pm
    Permalink

    Estupenda información Matuca, del crêpe-saussé, no sabía el origen, pero puedo decirte que son muy sabrosas. Ceneme

  • el 17/02/2010 a las 1:37 pm
    Permalink

    Resulta muy halagador , para mí lo seria, que mi nombre hubises servido para designar algo tan rico. Soy una adicta a las filloas, pero sólo en carnaval , porque de lo contrario los kilos…….

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: