Aplausos

O domingo de Ramos non saiu a procesión da burriña  que representa a entrada triunfante de Xesús en Xerusalén. O pobo alzando ramallos de oliveira e palmas. Ese mesmo pobo pasado algún tempo pedía a súa crucifixión.

Este feito -lenda ou non- espertou en min o feito dun pobo aplaudindo ao persoal sanitario  que traballa en condicións precarias  (durante semanas estiveron faltos de medios de seguridade para protexerse da pandemia).

O problema xa viña empurrado de China e Italia. As opinión sobre os efectos  íase coñecendo cando aparecían os datos de infectados e mortos.

Os nosos mandatarios ían adormecendo a xente coa matraca (temos a mellor Sanidade do mundo). A fantochada durou pouco (dime de que presumes e direiche o que che falta. Refrán galego)

A emoción de moita xente non dubidou en nomear “heroes e heroínas” ao persoal sanitario.

Médicos, enfermeiras, celadores, fisios  e persoal de ambulancias e  limpeza non teñen ningún interese en que lles fagan honras despois de mortos.

Van aló moitos anos que aprendín  que un acto heroico demostra o fracaso de quen organiza.

O persoal  sanitario é vocacional. Son humanistas, salvo as excepcións que en calquera grupo humano se dan, e  que grazas a eles e a elas, a media de vida subiu de maneira exponencial nesta terra.

Hai comentarios nos medios e nas redes poñendo aos políticos como ineptos. (A eles e elas ese cualificativo non lles espanta. Irán dun a outro posto e o obxectivo neoliberal vaise consolidando)

Aos políticos que nos trouxeron até aquí pódeselle chamar ineptos, incompetentes ou algo semellante, pero o que a sociedade española non acaba de decatarse  nestes anos é moi profundo.

Dende hai algúns anos, os gobernantes que se autodefinen “liberais” veñen deixando caer a sanidade pública pasándoa á privada, coa preocupación dos e das profesionais  e a despreocupación da sociedade.

Cronoloxía  do proceso

-En Madrid o persoal sanitario tivo que botarse as rúas e prazas -en roupa de traballo- para denunciar o acoso da Administración.  A política de turno acusábaos de facer política. (Non deixa de asombrarme que persoas que viven do que é un servizo remunerado, acuse aos demais cidadáns de facer política. Esquécense de que a soberanía é da cidadanía). E aquí mirouse a fenda na sociedade: os sanitarios quedaron sos nas súas reclamacións.

-Despois aconteceu algo semellante en Valencia.

-En Vigo a Xunta fixo unha modificación retirando  30.000 cartillas  que foron levadas a Santiago (unha forma de debilitar a área Sanitaria). Os médicos de familia queixáronse da carga insoportable a que estaban sometidos (son testemuña de que a médica non tiña para min máis de 5 minutos; e coma min os demais).

Houbo manifestación e folga de médicos, mais a administración non resolveu o problema.

E…que fixo a sociedade…calar e botarlle a culpa aos profesionais.

Até aquí chegamos. Hai quen di que todo  vai mudar. Nada vai mudar sen o compromiso da cidadanía. Chegou o momento de dar explicacións. Por que os recortes na pública potenciando a privada?

-De quen son os capitais das Residencias de Anciáns? E cales os protocolos e o seguimento que a Administración ten que facer deles?

-Ten a Administración unha explicación técnica do problema, infectados e mortos neses Centros?

Non esquezamos que a responsabilidade  é dos gobernos privatizadores.

A saúde é a cousa máis importante para os seres humanos. Defendela é unha obriga. E iso só se pode acadar cun compromiso da cidadanía.

Os aplausos non poden permanecer no tempo; pouco a pouco irán desaparecendo e poden volverse unha nube de fume na que se agochen os responsables.

Porén propoño que as plataformas a favor da Sanidade Pública, fagan un escrito que rode polo país pedíndolles desculpas aos profesionais por non atender as  súas queixas doutrora e afirmarlles que non permitiremos- goberne quen goberne- que sigan coa desfeita da Sanidade e todo o que con ela se relacione.

Resumo

Cada día que pasa temos máis e máis persoal sanitario morto que deixan familias que nunca entenderán o abandono a que son sometidas.

Menos folclore e máis compromiso.

 

 

 

Telmo Comesaña    abril 2020

Un comentario en “Aplausos

  • el 23/04/2020 a las 7:11 pm
    Permalink

    Si fueramos lo suficentemente valientes y responsables los ciudadanos, una vez que pase esta situación, porque este no es el momento, pedir masivamente convocatoria de elecciones con la condicion de que no pueda presentarse ninguno de los diputados que ahora están, porque a estos ya los hemos votado y el resultado es desastroso. Al menos que vengan otros y que no nos convenzan con promesas sino con compromisos concretos, compromisos vinculantes, que haya obligación de cumplir, a ver si de verdad ejercemos la facultad que tenemos de elegir de verdad quien nos gobierne.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: