Antón Fraguas,Letras Galegas 2019

O vindeiro martes 14 de maio, a partir das 17:00 horas, celebraremos o Día das Letras Galegas no Salón de Actos.

Teremos as actuacións de Tamburainas, Cuerdas y Voces, Xeito, Armónicas, Bohemios e recitarán poemas usuarios deste centro.

Este ano o protagonista é Antón Fraguas.

Escritor, xeógrafo, historiador e antropólogo, merecedor deste honor pola súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e da cultura galega.

Naceu en Cotobade, 1905 e finou Compostela, 1999.

As súas orixes: “Refusaron da idea (da emigración) pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio”

Alumno de Castelao no Instituto de Pontevedra e membro do Partido Galeguista.

Foi membro das Irmandades da Fala. Fíxose profesor en 1933, sendo represaliado e obrigado a deixar o seu posto durante a guerra.

Galeguista histórico. Foi director do Museo do Pobo Galego.

Membro da Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Seminario de Estudos Galegos, Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento.

Tivo ao longo da súa vida múltiples distincións: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Premio Otero Pedrayo, Premio Trasalba.

Deixámosche a continuación un curto vídeos dunha entrevista a  Antón Fraguas.

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: