Alcuño – Alcume
O alcuño tamén se define como un mal nome que se lle engade a unha persoa.
Os alcumes non sempre son un demerito nin postos por amolar a ninguén; en moitas ocasións serven para diferenciar a persoas con nomes coincidentes, ou de fora dos lugares onde se asenta. No devalar dos annos os alcuños vanse convertindo en populares porque abranguen a familias enteiras; por exemplo:”Os Ramonechas” en Alcabre, (familia da que eu por pai procedo), é tan amplo que moitos xa non nos coñecemos, nin sabemos quén foi o primeiro ”Ramonecha”.
Un tesouro inmaterial
Arestora vaise perdendo o úso e non deixa de ser unha perda cultural que en moitos casos acompáñanos ata as esquelas mortuorias. Quén non leu nunha esquela o alcuño polo que era coñecido ou coñecida? Por exemplo: Fulano de tal e Cual “O Torto”. Pois xa era indicativo que tiña un ollo revirado, ou que era descendente do “bautizado” como tal.
Van aló uns anos, estando reunidos con familiares e amigos, co gallo do pasamento dun veciño amigo, o fillo do finado laiabase porque ninguén lle chamaba polos alcuños, e sentía a preocupación porque dese xeito tamén se ía a memoria dos seus devanceiros. E xa que logo, recollendo aquel sentir e o da xente que se identifica co seu alcume ata a morte, nomearei algúns que vou sacando do fardel da miña memoria.
Escolma por parroquias
Navia.–Cadallas, Chascos, Mamúas, Barracos, Moxenas, Matiñas, Lavandeira, Mighallas,Ramixo, Masados, Sarillo, Ghalucho, Changonas, Soleadas, Bufa, Xepje, Cacola,etc
Alcabre — Pantóns, Morillo, Chatolas, Bicas, Borralleiros, Gherras, Balandro Capaburras, Masacouros, Caralletes,Nevuas, Paxaricas, Tocas, Trengulas, Rilllacodias, Caghaches, Chamicas, Madruga, etc
Comesaña — Paxuriños, Maturranca, Varado,Tikitoke, Zaragallas, Peneiras, Piringallo, Callán, Naucho, etc
Coia — Borrallas, Cañoto, Títere, Laracho,Teniente, Sereno, Faltiqueiras, Tacones, Chuvias, etc
Bouzas
Palleiros, Mingolas,Teselán, Faneca, Mouchas, Canelas, Chichas, Chourrou, Villicas, Mingarallón, Mourenta, Proa o vento, Calaca,etc
Resume
Algúns están vencellados entre parroquias polas unións matrimoniais
Texto y fotos — Telmo
Lo de los apodos o “motes”, como dicen en Castilla la Mancha, son muy divertidos. En mi tierra abundan y con nombres muy graciosos o curiosos como ” la niña del vagón”, que tiene una historia de amores detrás, o “caramengajo”, “el feo”, “el niño bonito”, o incluso “las bien pagás”. En la familia de mis abuelos uno era el de “caliches”, porque jugaba al calieche, y el otro “pan grande”, porque siempre que iba a la panadería pedía el pan más grande . Estupendo artículo Telmo. Gracias