Actividades del Marco hasta diciembre

350px-museo_de_arte_contempor.JPGEl gabinete de prensa del Museo de Arte contemporáneo de Vigo , nos ha enviado un avance de sus actividades durante los próximos meses: exposicións temporais, concertos e festivais, programación audiovisual, programación didáctica, cursos e talleres, actividades da Biblioteca-Centro de Documentación e da Agrupación de Amigos do MARCO, entre outras .

Exposiciones temporais.

20070913121108-museo-marco-vigo.jpgPrimeiro andar

A grande transformación. Arte e maxia táctica

• 19 setembro 2008 – 11 xaneiro 2009
Esta mostra colectiva pretende documentar o novo interese da produción artística contemporánea pola maxia e polo oculto.

Planta baixa

7+1 PROJECT ROOMS
• 10 outubro 2008 – 15 febreiro 2009
• ‘7 +1 PROJECT ROOMS’ parte da estrutura da planta baixa do MARCO, con sete grandes salas que poden ser utilizadas como espazos independentes, para presentar a proposta dun artista diferente en cada unha delas.

Así, a exposición consiste en sete mostras persoais que teñen lugar ao mesmo tempo e que poden ser percorridas nun mesmo lugar, pero que conservan a súa autonomía.

Espazo Anexo

Suso Fandiño.
• 24 outubro 2008 – 4 xaneiro 2009
• Coa colaboración de PSA Peugeot Citroën, na celebración do 50º aniversario da planta PSA Peugeot Citroën de Vigo

No seu proxecto para o Espazo Anexo, Suso Fandiño (Santiago de Compostela, 1971) propúxose traballar co contexto da cidade de Vigo e dos elementos que a cidadanía identifica co seu ámbito. A fábrica de Citroën é, sen dúbida, un deses símbolos sen os que non se entende a cidade. A partir de aquí, o artista desenvolve un proxecto baseado no modelo Xsara Picasso, moi en relación coa liña apropiacionista que caracteriza o seu traballo, ao que el se refire como ‘revisionista’ ou ‘transfiguracionista’, neste caso baseándose na linguaxe e na imaxe dunha firma.

museo.jpgVisitas guiadas.

• Visitas guiadas todos os días ás 18.00
• Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11

Concertos e festivais.

Festival ARTFUTURA 2008 – Programa audiovisual
‘MÁQUINAS E ALMAS’
Do 23 de outubro ao 16 de novembro
Salón de actos
Produción: ArtFutura
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

O próximo 23 de outubro aterra no MARCO a XIX edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional dos new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital
O programa audiovisual de ArtFutura 2008, compartido por todas as cidades que forman parte de CircuitoFutura, inclúe máis de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura dixital, os videoxogos e os efectos especiais.

Entre os especiais, o documental ‘Das Netz’ de Lutz Dammbeck, un especial sobre a escola francesa Supinfocom e unha retrospectiva de Satoshi Tamioka, recoñecido autor xaponés de animación dixital.

Salón SINSAL OUTONO
Pantaleimon (Reino Unido) + Lightning Bolt (EEUU)
Luns 24 de novembro, ás 20.30
Salón de actos
Organiza: SINSALaudio, en colaboración co MARCO
Entrada: 12€ ou Bono Sinsal Outono (3 concertos, 25 €), á venda na billeteira electrónica de Caixanova. Desconto do 50% para estudantes
Festa 6º Aniversario.

‘6 x MARCO’
Sábado 15 e domingo 16 de novembro
Festa aniversario con actividades para públicos de todas as idades

Didáctica.
‘A VIAXE MÁXICA’
Actividades para escolares e público familiar

‘• Do 30 de setembro 2008 ao 11 de xaneiro 2009
• Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
• Horario: martes, mércores, xoves e venres de 10.30 a 13.30
• Previa cita nos tel. 986 113900/11

Obradoiros infantís para familias
Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

• Do 3 de outubro 2008 ao 11 de xaneiro 2009
• Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
• Horario: venres de 18.00 a 20.00; sábados e domingos de 12.00 a 14.00
• Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Curso sobre arquitectura e espazos contemporáneos.‘Xentes, espazos e lugares’

Organiza: COAG e MARCO de Vigo, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo
Coordinador: Xosé Manuel Rosales Noves
Datas: do 4 de novembro 2008 ao 26 de maio 2009
Lugar:salón de actos
Horario: martes, de 19.30 a 20.45
Previa inscrición e matrícula

TALLERES DE ARTISTA

SANTIAGO SIERRA
Do 24 ao 28 de novembro
Previa inscrición e matrícula

Co taller de Santiago Sierra, o MARCO retoma a programación de talleres de artista, dirixida fundamentalmente a estudantes de Belas Artes e disciplinas afíns

Biblioteca/Centro de Documentación.
Exposición bibliográfica ‘7+1 PROJECT ROOMS’
Do 10 de outubro 2008 ao 15 de febreiro 2009

Viaxes.Para los miembros de la Agrupación amigos del Marco.

Viaxe a Londres
Visita aos principais museos e galerías, e percorridos guiados por outros lugares da cidade
• do 23 de outubro ao 2 de novembro

Excursión a O Porto
Visita á exposición ‘Juan Muñoz’ na Fundación Serralves
• sábado 22 de novembro

Visita ao taller de Quintana Martelo
Visita ao taller do artista Manuel Quintana Martelo en Santiago de Compostela
• sábado 13 de decembro.

A.Garrido.

A %d blogueros les gusta esto: